InicioSociedadeAumentan a dous os pacientes críticos en Lugo con Covid

Aumentan a dous os pacientes críticos en Lugo con Covid

O domingo producíronse 13 novos contaxios.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia inicia a segunda semana do verán con 1.507 casos activos de Covid –tras aumentar por quinta xornada consecutiva– e 123 novos contaxios –tres menos–, mentres que os pacientes hospitalizados por este coronavirus increméntanse a 52 –catro máis– e a taxa de positividad sobe a un 3,5%.

Segundo os datos publicados na mañá deste luns pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste domingo, por áreas sanitarias, aumentan a dous os críticos –un máis– na área sanitaria de Lugo, descenden a dous os doutras unidades –dous menos–.

CASOS ACTIVOS ESTANCADOS

Pola súa banda, os casos activos aumentaron por quinta xornada consecutiva no conxunto de Galicia a 1.507, que supoñen 56 máis que a xornada anterior, ao haber máis contaxios (123) que altas (67). Por tanto, sitúanse en niveis de principios da segunda quincena de agosto do ano pasado. Por áreas sanitarias, só na de Lugo non hai cambios.

NOVOS CONTAXIOS

En canto aos novos contaxios de Covid-19 detectados con calquera tipo de proba arrincan esta semana con 123, tres menos que a xornada anterior, polo que se manteñen desde o xoves pasado por encima do centenar –o luns pasado informáronse de 56–. En toda Galicia foron confirmados 124 positivos por Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA) nas últimas 24 horas, 13, á de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...

Dous accidentes con feridos obrigan a cortar a A-6 en Baralla

A A-6, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla, rexistrou a pasada noite...