InicioSociedadeDous novos terremotos na provincia de Lugo

Dous novos terremotos na provincia de Lugo

A terra volveu a tremer nas últimas horas na provincia de Lugo, con dous terremetos rexistrados con epicentro en Triacastela e Becerreá.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A terra volveu a tremer nas últimas horas na provincia de Lugo, con dous terremetos rexistrados con epicentro en Triacastela e Becerreá, e aos que se engaden outros dous sismos rexistrados en Muros (A Coruña).

Segundo notificou o Instituto Xeográfico Nacional (IGN), na madrugada deste xoves rexistrouse un tremor de terra ás 00,51 horas, con epicentro en Triacastela, e de magnitude 2,3 na escala de Richter.

Esa mesma madrugada, ás 1,28 horas, quedou rexistrado un terremoto de magnitude 1,9 en Muros e, vinte minutos máis tarde, outro tremor na mesma zona, de magnitude 2,3.

O IGN notificou tamén outro terremoto, rexistrado na noite do mércores ao xoves con epicentro en Becerreá. Neste caso, o tremor produciuse sobre as 23,53 horas, e alcanzou unha magnitude de 2 na escala de Richter.

Ademais, esta semana quedou rexistrado outro tremor en Galicia, o que se produciu o martes pola mañá, de magnitude 2, con epicentro no municipio de Vilariño de Conso (Ourense).

+ posts

ÚLTIMAS

Un garda civil fóra de servizo reduce un home armado nun bar de Lugo

Un garda civil destinado na Comandancia de Lugo, que se atopaba fóra de servizo,...

O PP esixe ao Goberno actuacións na N-640 no termo da Pastoriza pola súa “deterioración”

O PP de Lugo esixiu ao Goberno central que "actúe" na N-640 ao seu...

O Concello de Lugo aprobará o convenio coa Xunta para a mellora da Rúa Serra de Meira

O goberno municipal de Lugo aprobará este mércores na Xunta de Goberno Local o...

A presidenta da Deputación pon en valor o espazo Permacultural do Lugar de Reque no Rato

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, visitou o Espazo Permacultural do Lugar...