InicioSociedadeLugo continúa como unha das áreas sanitarias con máis incremento de casos...

Lugo continúa como unha das áreas sanitarias con máis incremento de casos covid

Aínda que baixa a presión hospitalaria seguen aumentando os novos casos e os casos activos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia inicia o mes de xuño cun alivio da presión hospitalaria ao baixar a 109 os pacientes Covid ingresados, 16 menos que a xornada anterior, e con tendencia descendente dos casos activos, que se reducen a 2.208, mentres que os novos contaxios mantéñense por baixo do centenar en 90.

Segundo os datos actualizados na mañá deste martes pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste luns, os pacientes Covid en UCI no conxunto de Galicia descenderon a 25, seis menos, e os que permanecen noutras unidades de hospitalización a 84, dez menos.

Por áreas sanitarias, na de Lugo baixan a dous os críticos –un menos– e a nove os doutras unidades –tres menos–.

CASOS EN DESCENSO

Con todo, seguen aumentando os casos activos, con nove contaxiados máis que o martes, aínda que no conxunto de Galicia manteñen a tendencia descendente por décima xornada consecutiva e redúcense a 2.208, que supoñen 54 menos que a xornada anterior.  Deste xeito, os casos totais en Lugo son 262.

NOVOS CONTAXIOS

En canto aos novos contaxios deste coronavirus no conxunto de Galicia continúan por baixo do centenar con 90, despois de iniciar esta semana con 76, polo que son 14 máis, deles 20 na  área de Lugo, que segue sendo a segunda máis afectada de Galicia.

+ posts

ÚLTIMAS

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...

Dous accidentes con feridos obrigan a cortar a A-6 en Baralla

A A-6, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla, rexistrou a pasada noite...