InicioSociedadeComeza a peonalización da Mosqueira

Comeza a peonalización da Mosqueira

O día de inicio das obras, o 1 de xuño, tamén entrarán en funcionamento as novas liñas de transporte urbano, de modo que coincidirán no tempo "dous proxectos que transformarán a cidade".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O tenente de alcalde e concelleiro de Mobilidade do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou que o próximo 1 de xuño comezarán as obras para peonalizar o tramo da Rolda da Muralla que coincide coa Mosqueira, a única parte do monumento romano no que pode apreciarse o segundo nivel da estrutura defensiva da vella Lucus Augusti.

Arroxo tamén confirmou en rolda de prensa que ese mesmo día entrarán en funcionamento as novas liñas de transporte urbano, de modo que coincidirán no tempo “dous proxectos que transformarán a cidade, avanzando na humanización do noso monumento máis importante e activando unhas liñas de transporte público completamente renovadas que darán un mellor servizo”.

Ademais, tamén o día 1 de xuño, farase efectiva unha reordenación do tráfico nesa zona da cidade, o que permitirá gañar máis de 10 prazas de aparcadoiro na contorna do centro histórico de Lugo.

TODO NUN DIA

“Cambiamos a circulación o mesmo día no que entran en funcionamento as novas liñas”, explicou, precisamente para evitar “conflitos” no seu funcionamento, xa que foron deseñadas “pensando nunha Mosqueira peonil”. O novo proxecto de liñas de bus urbano está composto por catro grandes traxectos que conectarán as zonas norte e sur de Lugo, ademais doutras dúas que unirán os barrios da cidade de leste a oeste.

O 1 de xuño tamén comezarán a funcionar as máis de 20 pantallas instaladas en distintas paradas da cidade, con información en tempo real sobre a situación dos diferentes buses. Arroxo confirmou que ese día o bus urbano será gratuíto para que os usuarios poidan probar “o novo modelo” de transporte público.

En canto á peonalización da Mosqueira, a obra foi adxudicada por 588.836 euros e o prazo de execución será de oito meses. A nova praza peonil resultante será un espazo multiusos, con zonas verdes e espazo para a realización de actividades culturais e de lecer ao aire libre, aínda que se respectará a visión dos arcos da Mosqueira, así como da fachada do edificio racionalista do arquitecto Eloy Maquieira.

+ posts

ÚLTIMAS

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

Consideran “consistente” a declaración dunha das nenas que denunciaron un profesor por presunta agresión sexual

O xuízo contra o profesor de música de Albeiros acusado de agresión sexual a...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...