InicioSociedadeOs futuros Pitágoras amosan as súas habilidades matemáticas en Lugo

Os futuros Pitágoras amosan as súas habilidades matemáticas en Lugo

25 estudantes de toda Galiza participaron na final da Olimpíada Matemática, celebrada no Círculo das Artes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Círculo das Artes  de Lugo acolleu esta mañá a fase final da Olimpíada Matemática Galega, organizada pola Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (Agapema) co colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Trátase de vintecinco rapaces e rapazas, estudantes de 2º da Eso de centros de toda Galicia, que tiveron que enfrontarse á resolución de cinco problemas.  Entre eles, cinco estudantes do IES Leiras Pulpeiro , Colegio San José,  IES A Pinguela e IES Sanxillao, os centros da provincia representados nesta final galega. As probas teñen como obxectivo a selección de tres finalistas para a final estatal da Olimpíada Matemática que se celebrará o 26 de xuño cun formato en liña.

O responsábel de Deportes, Memoria Histórica e Artesanía e Deseño, Efrén Castro, deulles a benvida a Lugo e os parabéns “pola motivación e o interese por aprender que demostran coa participación nesta iniciativa promovida polo profesorado de matemáticas”. Todos os participantes foron agasallados con cadanseu exemplar de “Breve xeografía de Galicia” e “O Camiño Francés”, dos fondos bibliográficos do Servizo de Publicacións.

Ademais, mentras realizaron as probas, as persoas que os acompañaron, familiares e docentes, foron convidadas a realizaren visitas guiadas ao Museo Provincial de Lugo e ao Centro de Artesanía e Deseño.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao Goberno de “non arranxar” a N-624 nin tapar fochancas no polígono de Vilalba

Os senadores do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan...

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

As Africores de Lugo entre as beneficiadas con axudas para o control do rendemento leiteiro

A Consellería do Medio Rural publicou este mércores no Diario Oficial de Galicia (DOG)...