InicioSociedadeChamadas case 3.000 persoas de entre 50 e 59 anos para vacinarse...

Chamadas case 3.000 persoas de entre 50 e 59 anos para vacinarse este martes na provincia

En toda Galicia hai 35.000 citados.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) comeza este martes coas vacinacións masivas do grupo de idade comprendido entre 59 e 50 anos, unha vez que se concluíu a citación dos maiores de 60 en todas as áreas sanitarias. Realizáronse 35.000 citacións para esta xornada.

As previsións da área sanitaria de Lugo son iniciar as primeiras doses ao colectivo entre 59 e 50 anos, con 2.900 no Hospital Lucus Augusti de Lugo, 900 no Hospital de Burela e 600 en Monforte, un total de 4.400.

MAIORES DE 60

Pola súa banda, o informe actualizado do Ministerio de Sanidade –con datos deste domingo–, sinala que hai en Galicia 812.224 galegos maiores de 60 anos con, polo menos, unha dose, o que eleva a 93,3 por cento a poboación en parte inmunizada deste colectivo de maior risco.

Coa pauta completa están o 44,7 por cento, segundo leste mesmo informe, o que significa 389.351 persoas.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

A Deputación continúa coa rehabilitación da estrada danada en Cervantes durante o inverno

A Deputación de Lugo traballa estes días para rehabilitar a estrada danada en Cervantes...