InicioSociedadeAsí serán as Caldas do Miño, o novo revulsivo social e turístico...

Así serán as Caldas do Miño, o novo revulsivo social e turístico da cidade de Lugo

As instalacións, que seguirán os máximos parámetros de eficiencia enerxética, contarán con seis pozas, catro de auga quente e dúas de fría, e vestiarios.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Lugo quere ofrecer un novo atractivo para lucenses e turistas, as súas históricas caldas. Será a través dun equipamento de uso público que permitirá non só impulsar as actividades a desenvolver na contorna fluvial, senón que a cidade gañe un novo recurso cultural, de recreo e turístico. A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, anunciou este que a Xunta de Goberno Local aprobará esta semana o inicio de proceso de licitación das Caldas do Miño,

“As caldas serán un gran revulsivo vinculado co noso legado xa que están inspiradas nos baños públicos romanos”, sostivo a rexedora, que engadiu que “con estas instalacións sumaremos novos espazos para o goce da nosa veciñanza, para as e os peregrinos, xa que moi preto pasa o Camiño Primitivo e pode ser una etapa de parada e descanso para eles, e para a atracción de visitantes nun momento tan interesante para a cidade para captar un turismo de experiencias, e polo tanto, de calidade”.

O proxecto dotará a Lugo duns baños públicos con auga quente facendo unha chiscadela ás termas e, polo tanto, á historia cultural da cidade, aínda que non teñen un fin sociosanitario por non tratarse de augas mineromedicinais se non que proveñen da traída e acondicionaranse térmicamente para o seu goce.

Así serán as piscinas das Caldas do Miño / Concello de Lugo

400m2, 4 PISCINAS DE AUGA QUENTE E 2 DE AUGA FRÍA

O equipamento situarase nunha extensión de case 400 m² dentro dunha parcela de 84.000 m² situada ao carón do Pazo de Feiras, na Avenida Fábrica da Luz, e a altura do Club Fluvial. As instalacións foron proxectadas seguindo os máximos parámetros de eficiencia enerxética, de acordo ao modelo de cidade polo que aposta o Goberno local.

Así, estarán compostas por 4 piscinas de auga quente – cunha profundidade de entre 60 e 90 cm -, dotadas dunha manta térmica removible que as protexerá fronte á intemperie para evitar perdas enerxéticas e previr caídas durante o horario de peche, e dous pediluvios de auga fría, sumando unha superficie aproximada de lámina de auga de 150 metros cadrados.

Cada unha das pozas, con aforo para 50 persoas en uso simultáneo, terá unha forma e dimensión diferentes e o recinto contará cun edificio dunha planta e con cuberta axardinada para albergar un atrio, vestiarios, aseos e os equipos de aerotermia. “Eliximos a aerotermia para as instalacións porque é o máis rendible desde un punto de vista da eficiencia enerxética”, destacou a alcaldesa.

A nova infraestrutura poderá ser empregada por toda a cidadanía, incluídas as persoas con diversidade funcional ou dificultades de mobilidade xa que dispón de itinerarios accesibles e un dos vasos está adaptado cunha rampla de acceso.

O proceso de licitación desta obra, enmarcada na estratexia DUSI Muramiñae, parte cun investimento de 923.621 euros e un prazo de execución de doce meses.

ÚLTIMAS

Inaugurado en Lugo un busto en recordo a Moncho Reboiras, asasinado pola policía franquista hai 50 anos

Moncho Reboiras, asasinado pola policía franquista en 1975 e recoñecido polo Estado como vítima...

A Xunta licita a última fase a autovía Nadela-Sarria: as obras estarán en marcha no segundo semestre de 2026

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou este venres a licitación das obras correspondentes...

PP e BNG votan a favor de reprobar a José Tomé no Concello de Lugo ante acusacións de utilización das vítimas de agresións machistas

Os grupos municipais do PP e do BNG en Lugo aprobaron a moción, presentada...

O PP de Lugo denuncia o desvío de fondos para a rúa Fermín Rivera mentres o PSOE defende un novo convenio coa Confederación Hidrográfica

O Partido Popular de Lugo avanzou este luns a posta en marcha dunha campaña...