InicioSociedadeSen apenas cambios nas cifras da pandemia en Lugo, con 210 casos...

Sen apenas cambios nas cifras da pandemia en Lugo, con 210 casos activos

Nas últimas 24 horas detectáronse 12 novos positivos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O último balance de datos do Sergas indica que na área sanitaria de Lugo hai un total de 210 casos activos por coronavirus, un menos ca os rexistrados onte. Nas últimas 24 horas confirmáronse 12 novos positivos a través de PCR.

Sanidade tamén informa de que doce persoas permanecen hospitalizadas, unha menos ca onte logo de falecer unha muller de 83 anos diagnosticada de Covid que estaba ingresada no Hospital da Mariña. As Unidades de Coidados Intensivos atenden catro pacientes, mentres que os outros oito están distribuídos nas unidades de hospitalización do Hula (4), A Mariña (2) e Monforte (2).

Co deceso notificado onte, a cifra de vítimas mortais dende o inicio da pandemia elévase ata as 213 na provincia de Lugo. No entanto, curáronse 11.907 persoas e realizáronse 219.817 probas PCR.

GALICIA

Na comunidade galega, os novos contaxios de Covid-19 disparáronse ata os 253, o que supón unha trintena máis que a xornada anterior, mentres que os casos activos manteñen a súa tendencia ascendente por terceira xornada consecutiva e alcanzan os 2.939. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo carga contra a lei de administración local da Xunta por “debilitar” aos concellos

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, rexistrou un documento con máis de...

A Vicepresidencia da Deputación organiza unha proxección de videoclips finalistas nos Mestre Mateo

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo reunirá a artistas e equipos de realización e...

O BNG pide coñecer o estado dos 186 pisos da Sareb en Lugo e o seu traspaso á Xunta

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de preguntas na...

Luz verde ambiental da Xunta á ampliación do parque empresarial do Corgo

A Xunta deu luz verde ambiental con condicións ao proxecto para ampliar o parque...