InicioSociedadeA Deputación mantén illadas a sete persoas tras o positivo dun traballador...

A Deputación mantén illadas a sete persoas tras o positivo dun traballador do parque móbil

Logo de detectar o caso activáronse os protocolos de prevención.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo mantén illadas a sete persoas nos seus domicilios de acordo cos protocolos activados tras a detección dun positivo por covid nun traballador do parque móbil da institución provincial.

Segundo explicou a Deputación nun comunicado, tras coñecer o caso tomáronse “todas as medidas para minimizar os riscos de propagación do virus que esixen as autoridades sanitarias, reforzándoas en base aos protocolos propios” da institución.

Dentro destas medidas, especifica o comunicado, a Deputación mantén a sete persoas illadas nos seus domicilios como medida de prevención, seguindo o protocolo sanitarios das autoridades competentes.

ÚLTIMAS

Lugo redistribúe en Frigsa a un cento de nadadores do Fluvial tras as inundacións pola crecida do Miño

O Concello de Lugo redistribuíu a máis de cen nadadores do club Fluvial á...

María Reigosa rompe co PSOE no seu primeiro pleno tras a renuncia e vota co PP para esixir melloras nun barrio de Lugo

A edil do Concello de Lugo María Reigosa desmarcouse do Grupo Municipal Socialista e...

Rebaixan a pena dun agresor sexual de 27 a 3 anos ao pagarlle 150.000 euros á vítima

A Audiencia provincial de Lugo pechou este xoves o caso dun home acusado de...

O Concello de Lugo pecha os parques ante a alerta amarela por vento

O Concello de Lugo procederá a pechar os parques a partir das 11.00 horas...