Home Sociedade Ambiente “animado” nas primeiras ceas en restaurantes dende xaneiro

Ambiente “animado” nas primeiras ceas en restaurantes dende xaneiro

0
Ambiente “animado” nas primeiras ceas en restaurantes dende xaneiro
Unhas persoas ceando na terraza dun restaurante, a 16 de abril de 2021, na Coruña | M. Dylan - Europa Press

Os restaurantes galegos volveron a servir ceas con cita previa desde a noite deste venres, que estivo marcada pola “animación” e a ocupación da maior parte das mesas dispoñibles e que transcorreu con “normalidade”.

En concreto, este venres arrincou o primeiro fin de semana no que se permitiu servir ceas en restaurantes en grupos de catro persoas en interiores e seis persoas en exteriores tras meses de restricións. As excepcións a esta norma situáronse nos municipios no máximo nivel de limitacións, O Grove, Carballeda de Valdeorras e A Pobra do Caramiñal, que seguen pechados perimetralmente e teñen a hostalaría pechada.  Así mesmo, o toque de queda prolongouse ata as 23,00 horas na comunidade e o comercio e os servizos puideron aumentar o seu horario máis aló das 21,30 horas.

En declaracións a Europa Press, o presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Lugo, José Francisco ‘Cheché’ Real, destacou que na zona percibiuse una “certa animación” na primeira noite na que se ampliou o horario dos restaurantes e confiou en que se rexistre “máis afluencia” o próximo fin de semana.

En todo caso, puxo o foco en que “á mesa (da hostalaría) fáltalle unha pata”, que identificou coa necesidade de igualar os horarios máximos de apertura dos distintos establecementos. Así, remarcou que o sector demandou á Xunta que tamén se permitise ampliar ata as 23,00 horas o horario de apertura de bares e cafetarías.

Real incidiu na importancia de que se axilice o proceso de vacinación contra a covid-19 para que se reduzan os contaxios e sexa posible “acabar coas restricións e a fixación co sector (da hostalaría)”.
Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here