InicioSociedadeLugo Monumental critica que se "discrimine a bares e cafetarías" cos novos...

Lugo Monumental critica que se “discrimine a bares e cafetarías” cos novos horarios de apertura

O colectivo tampouco ve lóxico que o rexistro de clientes sexa obrigatorio tan só a partir das 21:00 horas

PUBLICADA O

- Advertisement -

A asociación Lugo Monumental denunciou que as novas medidas aprobadas polo Comité Clínico da Xunta de Galicia -que amplía os horarios dos restaurantes para servir ceas ata as 23,00 horas a partir do 16 de abril- discriminan a outros establecementos hostaleiros como bares e cafetarías, cuxo horario continúa ata as 21:00 horas.

“Parécenos que este criterio é arbitrario, inxusto e que discrimina a uns establecementos aos que a lexislación faculta para servir comidas e ceas á cidadanía”, sostén a asociación nun comunicado.

Unha afirmación que sustentaron ademais cos artigos 77 a 80 da vixente Lei 7/2011, de 27 de outubro, de Turismo de Galicia. A definición de cafetarías dada polo artigo 79 descríbeas como “establecementos que ofrecen servizo de barra e mesas co fin de dispensar todo tipo de bebidas, que poden acompañar cunha oferta de restauración sinxela e de ordinario á prancha”.

En canto aos bares, indica que son “aqueles establecementos que, ademais de barra, contan cun servizo de mesas, así como un servizo de restauración consistente, como máximo, nun menú único ofrecido por un prezo global”. Este último artigo recolle tamén a oferta de tapas e racións, ademais do menú.

“Isto indícanos que, sen dúbida, a lexislación faculta a cafetarías e bares para ter un servizo de comidas que, sendo máis sinxelo que o dos restaurantes, presta unha función importante no cómputo global da hostalaría de calquera poboación”, sinalou Lugo Monumental, que tachou a decisión de “inadmisible”.

REXISTRO DE CLIENTES

A asociación esgrimiu que, aínda que se podería argumentar que os espazos de comedor dun restaurante veñen delimitados por lei e que teñen que estar separados do servizo de barra, “hai que ter en conta que dito servizo de barra está prohibido, así que é evidente que non se van mesturar clientes porque nas barras non se pode atender”.

Lugo Monumental tamén criticou o rexistro de clientes a partir das 21:00 horas. “Non ten ningún sentido que se teña que facer unicamente nun determinado horario. Se a intención desta medida é poder localizar con facilidade ás persoas que acudan a un establecemento se hai un gromo, non tería lóxica que fose unha medida global independentemente do horario?“, considerou a asociación.

Así, a organización solicitou que se modifique o criterio anunciado e que se amplíe a apertura ata as 23:00 horas a todos os locais que legalmente poidan ter servizos de comidas, e que se revise a medida de efectuar un rexistro de clientes segundo a hora á que acudan aos establecementos, “ao non ter lóxica algunha a discriminación horaria”.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...