InicioSociedadeO Sergas citará a 18.700 persoas da área lucense para vacinarse ao...

O Sergas citará a 18.700 persoas da área lucense para vacinarse ao longo desta semana

Son 11.600 persoas de entre 75 e 79 anos, así como outras 7.100 comprendidas no tramo de idade que vai dos 60 aos 65.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) inicia este martes a vacinación masiva nas sete áreas sanitarias galegas coa citación de 145.000 persoas. Na provincia de Lugo serán convocadas un total de 18.700 persoas que recibirán a dose da vacina ao longo desta semana.

A directora de Enfermaría da provincia de Lugo, María Jesús Pérez Taboada, explicou que durante o martes e o mércores aplicaráselle o antídoto ás persoas comprendidas no tramo de idade dos 60 aos 65 anos, para quen está previsto utilizar a vacina de AstraZeneca. Na área lucense son 7.100 persoas.  De xoves a domingo, estarán convocadas 11.600 persoas de entre 75 e 79 anos, que recibirán a primeira dose de Pfizer.

Todas elas serán citadas por SMS e seralles enviado un código QR que deberán presentar no punto de vacinación (no HULA ou nos hospitais da Mariña e Monforte, segundo o caso). Encargaranse do proceso os equipos de Atención Primaria que xa levan traballado neste ámbito dende principios de ano. Contarán co apoio dos equipos de Medicina Preventiva de cada centro.

Asemade, séguense vacinando outros grupos, como os maiores de 80 anos, proceso que está previsto que remate entre mañá e o mércores. Podes ler máis información no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Lugo convértese no epicentro do cine galego cunha ambiciosa programación previa aos Premios Mestre Mateo

A Academia Galega do Audiovisual deu a coñecer en Lugo o programa de actividades...

Lugo aproba o anteproxecto de orzamentos locais previstos para 2026

A Xunta de Goberno local celebrada este mércores en Lugo deu o visto e...

Manteñen a pena de 26 anos para o autor do asasinato da lucense Cristina Cabo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a condena contra o home...

Restricións en varias estradas da Montaña de Lugo pola neve

O temporal de neve que afecta a boa parte da península tamén ten moitas...