InicioSociedadeOs carteiros rurais de Lugo 'trasladarán' a oficina postal aos domicilios

Os carteiros rurais de Lugo ‘trasladarán’ a oficina postal aos domicilios

Correos pon en marcha na provincia un proxecto piloto mediante o cal máis de 200 carteiros ofrecerán nas súas rutas a posibilidade de mercar selos, embalaxe ou pagar recibos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Correos ampliou á provincia de Lugo un proxecto piloto polo que 212 carteiros e carteiras rurais ofrecerán nos domicilios moitos dos servizos que tradicionalmente se prestan nas oficinas. Dende vender selos, sobres e embalaxes para paquetes ata poder establecer envíos ou pagar recibos: son algúns exemplos das xestións que se poderán realizar sen ter que desprazarse ata a oficina postal.

Os dispositivos electrónicos portátiles (PDAs) cos que conta o persoal de reparto facilitarán estas tarefas. Lugo é a segunda provincia de España na que Correos implanta este sistema, tras o seu lanzamento na provincia de Xaén, onde asegura que tivo unha “boa acollida”, con máis de 210 operacións realizadas no primeiro mes de funcionamento.

QUE SERVIZOS COBRE?

Nestas dúas provincias, os cidadáns atendidos polos servizos rurais de Correos poderán aproveitar a visita do carteiro para mercar produtos postais básicos, como blíster de selos, sobres prefranqueados e acolchados ou embalaxes para os paquetes.

Do mesmo podo, tamén será posible efectuar o pagamento de recibos da luz, gas ou teléfono mediante tarxeta bancaria e a través da PDA dos carteiros. Ademais, poderanse adquirir os distintivos ambientais da DXT que correspondan aos seus vehículos e ingresar diñeiro na súa conta bancaria a través do servizo ‘Correos Cash’.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Guitiriz amplía a denuncia contra a alcaldesa por posibles “irregularidades en documentos oficiais”

O Partido Popular de Guitiriz anunciou este mércores a ampliación da denuncia presentada contra...

Tiros e un ferido de bala na perna nunha liorta entre dous clans en Lugo

Un home resultou ferido nunha perna con impacto de bala no marco dunha liorta...

Visita do alcalde e da presidenta da Deputación de Lugo á EDAR polo día Mundial da Auga

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...