InicioSociedadeDescenden os ingresos por Covid en Lugo mentres Galicia sofre unha repunta...

Descenden os ingresos por Covid en Lugo mentres Galicia sofre unha repunta de casos

A área lucense rexistra 169 positivos activos e 10 novos casos nas vésperas dos festivos da Semana Santa.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) informa dun total de 169 casos activos por coronavirus na área sanitaria de Lugo. É un máis ca na xornada anterior. Ao tempo, nestas últimas 24 horas confirmáronse 10 novos positivos a través de PCR, unha cifra que se enmarca dentro dos niveis dos días previos.

O dato máis favorable vén da man dos hospitais, que este martes 31 de marzo presentan unha rebaixa no número de ingresos. Hai 12 persoas hospitalizadas con Covid-19: 2 na Uci do Hula e as outras 10 atendidas en planta. O Hospital da Mariña volveu quedar libre de pacientes de coronavirus.

Dende o inicio da pandemia, faleceron 211 persoas na provincia de Lugo, curáronse 11.661 e realizáronse 205.997 probas PCR.

GALICIA

No conxunto galego prodúcese unha repunta de casos activos (2.354; isto é, +47) e contaxios (168) nas vésperas dos festivos de Semana Santa. Asemade, os pacientes en Uci aumentaron a 30 e os que permanecen noutras unidades descenderon a 167. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

O pleno da Deputación esixe á Xunta rectificar a reforma da residencia das Gándaras

O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes esixir á Xunta que rectifique...

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

O PP denuncia diante da Garda Civil o ataque contra o busto de Fraga en Vilalba

O PP de Vilalba formalizou ante a Garda Civil denuncia polo ataque que sufriu...

Os GES toman Lugo para esixir recoñecemento laboral e ameazan con folga se non hai solución

Bombeiros dos corpos dos Grupos de Emerxencia Supramunicipais (GES) concentráronse este martes ante a...