InicioSociedadeA Deputación adxudica a subministración de 49 desfibriladores para concellos lucenses

A Deputación adxudica a subministración de 49 desfibriladores para concellos lucenses

Destínanse máis de 51.000 euros a esta acción enmarcada no programa 'Lugo, provincia cardiosaludable'

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo adxudicou este venres a subministración e instalación, “por un importe de máis de 51.000 euros”, de 49 desfibriladores “semiautomáticos” nos concellos adheridos ao programa ‘Lugo provincia cardiosaludable’.

O deputado da área de Promoción Económica e Social, o socialista Pablo Rivera, daba conta desta adxudicación tras a reunión semanal do goberno provincial. Rivera destacou que este programa se enmarca dentro da “firme aposta” que ten esta institución “pola defensa das políticas sociais”, entroncándoo tamén co “compromiso na colaboración cos concellos para que se poidan prestar estes servizos públicos de calidade”.

Este plan de ‘Lugo provincia cardiosaludable’ “permite que desde a Deputación se contribúa a mellorar esa protección dos veciños ante posibles fallos cardíacos, cunha medida que vai na liña do que recomendan as propias organizacións profesionais sanitarias”.

“É moi importante contar con equipos desfibriladores nas instalacións e espazos públicos para reducir ao mínimo o impacto posible de resposta ante unha parada”, remarcou o deputado.

OUTRAS DECISIÓNS

Ademais, na Xunta de Goberno aprobouse o procedemento para adxudicar os 95 hortos urbanos da Deputación de Lugo que quedaron libres no paseo do Rato.  Rivera aproveitou para lembrar que xa esta semana o presidente provincial, José Tomé, participara na repartición, “mediante sorteo público”, doutras 55 parcelas a “persoas e entidades que xa foron usuarias”.

“Agora, nesta segunda fase, o que se fai é abrir un novo proceso de selección a través dunha concorrencia competitiva e en base a criterios nos que priman os elementos sociais”, puntualizou.

Finalmente, o goberno provincial tamén sacou a contratación o servizo de ensilado de 80 hectáreas de herba nas parcelas da Granxa Gayoso Castro, por un importe “superior” aos 20.000 euros.

ÚLTIMAS

Daveiga: un proxecto de economía social que fomenta o emprendemento dende o rural

Lugar da Veiga S.L.L., fiel ao seu modelo de xestión empresarial responsable, promove dende...

Scania busca persoal para o taller que abrirá no Polígono das Gándaras

Scania chega ao Polígono As Gándaras, lugar no que poñerá en marcha un novo...

Cortes ata o 4 de decembro na calzada esquerda da A-6 sentido Madrid por melloras

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable continúa coa execución das obras de rehabilitación estrutural...

Falece un cazador de 55 anos en Cospeito tras ser picado por velutinas

Un home de 55 anos de idade que responde as iniciais J.I.P. faleceu a...