InicioSociedade"Sobrecarga" en Atención Primaria: "Agora asumimos a vacinación, pero non se reforza...

“Sobrecarga” en Atención Primaria: “Agora asumimos a vacinación, pero non se reforza o persoal”

O sindicato de Enfermaría Satse denuncia que "a cobertura dos profesionais é nula" e non responde ao dobre de traballo ao que agora teñen que facer fronte.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A delegada do sindicato de enfermaría Satse en Lugo, Verónica Peteiro, pediu este xoves que se reforcen os persoais de Enfermaría en Atención Primaria na provincia co fin de evitar e frear a “sobrecarga” de traballo destes profesionais ante a campaña de vacinación contra a Covid.

Por parte de Satse advírtese de que coa vacinación “as enfermeiras ven incrementado o seu traballo diario, xa de por si sobrecargado, posto que teñen que asumir esta nova faceta, que á vez repercute no resto de compañeiros que ven aumentadas, mesmo duplicadas, as súas axendas de traballo e que teñen que seguir atendendo urxencias ou domicilios”.

“Agora estamos a asumir a vacinación e non se está substituíndo o persoal que asume estas funcións. Estannos bloqueando a axenda e non se está reforzando para nada a Atención Primaria”, lamentou Verónica Peteiro.

En canto ao persoal a incorporar, a sindicalista puntualizou que “iso depende do centro”, aínda que destaca que “se nun centro hai dúas persoas dedicadas, neste caso debería de haber dúas máis para cubrir eses ocos que deixan esas persoas cando fan este labor”. Satse denuncia que “a cobertura dos profesionais é practicamente nula”. “Con todo a xerencia culpa desta situación á falta de aspirantes nas listas de contratación”, conclúe.

Finalmente, Verónica Peteiro asegurou que “non” están a ter “problemas” á hora de administrar as vacinas en Lugo, dado que “a maior xente da poboación está satisfeita e de feito mesmo teñen moitas ganas de que lles toque a súa quenda”.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...