InicioSociedadeA cooperativa A Carqueixa faise co Premio Aresa de Desenvolvemento Rural

A cooperativa A Carqueixa faise co Premio Aresa de Desenvolvemento Rural

Esta entidade dos Ancares recibirá unha placa conmemorativa e 10.000 euros como recoñecemento.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A cooperativa A Carqueixa, que recentemente presentou unha campaña audiovisual dirixida polo cineasta Oliver Laxe para promover a súa carne baixo a marca ‘O sabor dos Ancares’, recibiu hoxe o XXI Premio Aresa de Desenvolvemento Rural.

A cerimonia de entrega do Premio Aresa, convocado pola empresa do mesmo nome e a Universidade de Santiago de Compostela, celebrouse esta mañá no auditorio da Casa do Saber, en Lugo, aínda que como consecuencia das recomendacións sanitarias, o acto foi totalmente virtual e emitido en directo a través do perfil de Aresa en Facebook.

O acto estivo presidido por reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Antonio López, e o presidente de Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras, acompañados pola vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo, Montserrat Valcárcel; o presidente do Grupo Coren, Manuel Gómez-Franqueira; e María José Alonso, catedrática de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica da USC.

O reitor da Universidade de Santiago e o presidente de Aresa foron os encargados de facer a entrega do premio, dotado cunha placa conmemorativa e 10.000 euros, a José Antonio Díaz, presidente da Carqueixa.

Rodríguez Eiras destacou, durante a súa intervención, o “importante labor que desenvolve o sector agrogandeiro”, un piar fundamental “desta sociedade”, cuxa contribución “para saír adiante nesta pandemia” quedou “máis que demostrada”.

Antonio López, pola súa banda, destacou “o traballo feito ao longo destes anos” pola cooperativa A Carqueixa, “así como o salto á venda en liña, coa marca O Sabor dos Ancares, para adaptarse á nova realidade que vivimos despois desta pandemia”.

+ posts

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Vilalba someterase a unha cuestión de confianza en relación aos orzamentos 2026

A alcaldesa do municipio lucense de Vilalba, Marta Rouco (PSOE), someterase o xoves, día...

O PSdeG de Muras acusa ao BNG de impedir intervir á súa voceira

O PSdeG de Muras denunciou que o alcalde, Manuel Requeijo, impediu intervir á voceira...

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Comeza a sexta tempada do Coñece a túa provincia con 84 viaxes gratuítas esta primavera

A Deputación arrancou este mércores a sexta tempada do Coñece a túa provincia con...