InicioSociedadeO Pazo de Congresos de Lugo acolle esta fin de semana oposicións...

O Pazo de Congresos de Lugo acolle esta fin de semana oposicións con miles de aspirantes

Un total de 4.938 aspirantes preséntanse a 396 prazas en Lugo e Silleda.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un total de 4.938 aspirantes están chamados a participar nas oposicións de categorías administrativas e de emprego social, para as que hai dispoñibles 396 prazas. Os exames realizaranse este fin de semana de forma simultánea no recinto feiral de Silleda e no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.

Este procedemento débese, segundo indicou a Consellería de Facenda e Administración Pública nun comunicado, á pandemia de covid-19 e a súa evolución, “que obrigan a adaptar as formas e secuencias de celebración das probas para garantir a súa realización coa maior seguridade posible”.

A Xunta de Galicia renovou a semana pasada os exames de oposición “con todas as garantías sanitarias” tras a autorización das autoridades á súa celebración “seguindo protocolos de actuación que garantan a seguridade e réxanse polos principios de igualdade, mérito e capacidade”.

PROTOCOLO ANTICOVID

Os exames realizaranse no recinto feiral de Silleda en Pontevedra, con capacidade para 13.600 persoas, e no Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo, con capacidade para case 1.800.

Doutra banda, o protocolo establecido marca que os aspirantes deben acudir sós –salvo que necesiten asistencia– e presentarse á hora indicada na convocatoria, “non con antelación”, ademais de gardar sempre a debida distancia de seguridade.

A Dirección Xeral da Función Pública proporcionará a todos os aspirantes unha máscara que será de uso obrigatorio durante todo o proceso, así como o xel hidroalcohólico. A consellería indicou tamén que os obxectos persoais dos participantes deben ser os mínimos imprescindibles e que non se poderá compartir material.

+ posts

ÚLTIMAS

Os bombeiros intentan sufocar un incendio en Xermade

Equipos de bombeiros atópanse actualmente traballando na extinción dun lume declarado na parroquia de...

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

Senadores do PP de Lugo sinalan que o Goberno non acometerá a rehabilitación da N-120

Senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno central recoñece nunha resposta...