InicioSociedadeA Deputación aproba 'Lugo Termal' cunha oferta de 1.600 prazas para maiores...

A Deputación aproba ‘Lugo Termal’ cunha oferta de 1.600 prazas para maiores de 50 anos

Está previsto que o programa comece en xuño e se estenda durante todo o ano, coa posibilidade de flexibilizar datas para adaptarse ás restricións.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A portavoz socialista do goberno da Deputación de Lugo, Pilar García Porto, anunciou a aprobación, tras a xunta de goberno provincial, do programa ‘Lugo Termal’ que inclúe unha oferta de 1.600 prazas para maiores de 50 anos.

García Porto precisou que “para esta edición decidiuse ampliar os beneficiarios dos bonos, de tal forma que poidan participar persoas maiores de 50 anos e poden ir cun acompañante aínda que non teña esa idade”.

O goberno provincial confía en que dito programa se poña en marcha “a partir do mes de xuño e que continúe ata finais de ano, respectando todas as medidas de protección da Covid-19 establecidas pola autoridades sanitarias e adaptadas a cada modificación”.

A portavoz socialista aclarou que se trata dunha previsión, “dado que os balnearios a día de hoxe están pechados”. “E tamén así nos adiantamos a outras administracións como é a Xunta de Galicia que aínda non anunciou a previsión do seu programa de apoio a estes establecementos”, abundou.

Para esta edición “ofrécese un mínimo de 1.600 prazas, case 300 máis que na anualidade anterior. Mil desas prazas son na modalidade de estancia para aqueles que pasen a noite no balneario e seiscentos na modalidade sen estancia”.

“As persoas que decidan quedar a durmir poderán estar seis días coas súas cinco noites, en réxime de pensión completa. Neses días vanse a incluír 15 tratamentos como mínimo con distintas técnicas termais e os descontos serán de 60 euros por persoa beneficiaria. Os bonos non se van condicionar a datas concretas senón que se van flexibilizar os períodos para que se poidan aproveitar ao máximo durante todo o ano”, concretou. Son tres os balnearios nos que se ofrecerá este servizo: na cidade de Lugo, en Pantón e en Pambre (Palas de Rei).

+ posts

ÚLTIMAS

Convocou a Xunta unha praza específica para María Reigosa en Medio Ambiente?

PSOE e BNG de Lugo fixeron público un comunicado conxunto no que esixen á...

O PP de Lugo defende a moción de censura en Lugo: “é para dar estabilidade á cidade”

O presidente da xunta local do Partido Popular en Lugo, Ramón Carballo, levantou o...

Arroxo reclama saber que “tipo de beneficio” tería Reigosa se apoia a moción de censura

O tenente de alcalde do BNG en Lugo, Rubén Arroxo, reclamou este martes aclaracións...

O Eixo Atlántico analiza en Lugo a resiliencia urbana fronte ás crises internacionais e o encarecemento da enerxía

O Consello Estratéxico do Eixo Atlántico analizou este martes en Lugo a resiliencia dos...