InicioSociedadeA Xunta informa dun novo falecido con covid no HULA

A Xunta informa dun novo falecido con covid no HULA

O deceso tivo lugar o pasado venres

PUBLICADA O

- Advertisement -

As autoridades sanitarias informaron a mañá deste luns de sete novos falecidos diagnosticados coa covid-19 en Galicia, o que eleva a 2.275 o total de vítimas mortais en Galicia desde o inicio da pandemia sanitaria.

O últimas sete vítimas mortais rexistráronse entre o venres e o domingo pasados e trátase de homes entre os 67 e os 92 anos de idade, todos eles con patoloxías previas. En concreto, o pasado venres produciuse a morte dous homes de 79 e 78 anos de idade, no Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo (HULA) e no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac), respectivamente.

Ao día seguinte, rexistrouse o deceso de tres home no Chuac de 92, 78 e 67 anos de idade, mentres que a xornada deste domingo faleceron outros dous homes de 83 e de 77 anos de idade no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (Chus).

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...

O único xulgado polo incendio mortal en Tableros Hispanos de Nadela nega a súa responsabilidade no sinistro

O xuízo polo incendio mortal rexistrado en 2019 na planta de Tableros Hispanos de...

Elena Candia deséxalle sorte aos deportistas que reprensetarán a Lugo no Mundial de Baile Deportivo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, recibiu hoxe na Casa do Concello aos integrantes...