InicioSociedadeO pai de Desirée, a nena atopada morta en Muimenta, pide prisión...

O pai de Desirée, a nena atopada morta en Muimenta, pide prisión permanente para a nai

José Manuel Leal espera que se "faga xustiza" coa presunta asasina da nena de 7 anos. Así e todo, asegura que "nunca pagará polo que fixo".

PUBLICADA O

- Advertisement -

José Manuel Leal, o pai da nena Desirée achada morta na vivenda familiar de Muimenta (Cospeito), anunciou que pedirá a prisión permanente —sen o engadido de “revisable”, di— para a nai, presunta asasina da menor en maio do 2019.

O 3 de maio de 2019 representa unha data indeleble na memoria deste pai que tivo que desprazarse desde A Coruña onde traballaba como garda de seguridade despois de que a “avoa materna” lle comunicase que a súa fillla morrera. “Avoa entre aspas”, puntualizou.

Entre bágoas confesa que sempre leva no “recordo” á pequena, aferrado a “unha foto dela cada vez” que se lle “vén á mente como apareceu” a súa nena, a súa “princesiña”, sinalou, coa “boca esnaquizada e sangue nas uñas para defenderse, nos braciños”.

“Esquecer iso é imposible. Estou con moito tratamento, tomo dez pastillas. Se non fosepor iso non se onde estaría”, asegurou José Manuel, quen tivo que deixar o seu traballo por unha “incapacitación” e irse a vivir cos seus pais na parroquia de Roupar, no municipio de Xermade.

“NUNCA PAGARÁ POLO QUE FIXO”

Á presunta autora dos feitos descríbea como “un monstro”. A nai da menor permanece na prisión de Teixeiro (A Coruña) desde pouco despois de perpetrarse o crime. “O meu único pensamento é irme xunto a Desirée para estar ao seu lado”, engadiu Leal, que pedirá a “prisión permanente” revisable para a que foi a súa muller e da que levaba catro anos separado cando se produciron os feitos.

“Cumpre todos os requisitos”, subliñou, entre outros “ensañamento e menor de idade” e aínda así “nunca pagará o que fixo” se finalmente é condenada, lamentou. “Sempre digo que a normativa do código de circulación cada ano cambia, con sancións máis duras. Nestes casos o Código Penal segue igual, non se reformou para estes casos de monstros humanos, de escoria humana”, manifestou este pai que ten claro que este tipo de delincuentes “non poden volver xuntarse co resto da sociedade e aínda así xamais pagarán polo que fixeron”.

O pai da menor asasinada lembra cando tivo que enterrar a Desirée “cun espadadrapo na boca, que a levaba toda cosida, coa boca esnaquizada” o que lle impediu despedirse dela cun “biquiño”, agregou.

E é que a asfixia mecánica apuntouse como posible causa da morte da nena de “sete aniños”, lembrou, que a noite anterior despediuse do seu pai con “millóns e millóns de bicos e abrazos”. “Era un ceo de nena, encantábanlle os animais, coidábaos. Queriámonos moitísimo”, lembra José Manuel Leal, que recoñece os problemas que xa se lle expuxeron pola súa ex muller desde o primeiro día da súa separación.  José Manuel Leal asegurou estar á espera de que se “faga xustiza”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...