InicioSociedadeImportante baixada da presión hospitalaria en Lugo, que pasa de 53 a...

Importante baixada da presión hospitalaria en Lugo, que pasa de 53 a 40 ingresos

Os casos activos seguen reducíndose e sitúanse nos 702 (40 menos ca un día antes).

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo rexistra este xoves 25 de febreiro unha importante baixada na presión asistencial: dos 53 ingresados de onte aos 40 de hoxe. Na Uci permanecen trece pacientes (-3), mentres que hai outros 27 en planta (-10). Destes últimos, 21 están a ser atendidos no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), tres no Hospital da Mariña, dous no de Monforte e un no Polusa.

O coronavirus tamén segue a súa tendencia á baixa no que respecta a casos activos na provincia, 702 (-40), e novos diagnósticos, 22 na última xornada.  Nas últimas 24 horas déronse 77 altas e fixéronse 980 probas PCR. Dende o inicio da pandemia, curáronse 10.741 persoas e realizáronse 185.060 PCR.

Pola súa parte, a cifra de falecidos dende o inicio da pandemia alcanza as 202 vítimas en Lugo segundo datos do Sergas, se ben é certo que o total podería ser superior ao sumar aqueles usuarios de residencias lucenses que finaron en centros doutras áreas sanitarias.

GALICIA

En Galicia, os pacientes con Covid-19 hospitalizados seguen en descenso, con 48 menos, ata os 586, deles 121 en UCI –doce menos–. Tamén se mantén a tendencia descendente nos casos activos de coronavirus, que se sitúan en 6.772 unha xornada antes de que se inicie a desescalada progresiva co alivio de medidas na Comunidade galega. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

Consideran “consistente” a declaración dunha das nenas que denunciaron un profesor por presunta agresión sexual

O xuízo contra o profesor de música de Albeiros acusado de agresión sexual a...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...