InicioSociedadeMáis dunha hora de viaxe para vacinarse: "por que na Montaña temos...

Máis dunha hora de viaxe para vacinarse: “por que na Montaña temos menos dereitos?”

Persoas maiores de 80 anos vense obrigadas a buscarse a vida para desprazarse ata os centros de saúde das cabeceiras de comarca. "Teño uns veciños que son matrimonio, teñen máis de 80 anos e ningún deles ten coche. Como teñen distintos apelidos teñen que pagar a un taxi dous días diferentes para poder vacinarse"

PUBLICADA O

- Advertisement -

Sanidade iniciou este luns na provincia de Lugo a campaña de vacinación dos maiores de 80 anos, co obxectivo de vacinar a 850 maiores cada día. A vacinación centralízase nos centros de saúde das cabeceiras de comarca, o que supón moitos quilómetros para xente de idade avanzada.

Esta situación chegaba á  nosa redacción. Trátase da historia dunha muller de 94 anos que vive no extremo norte de Folgoso do Courel. “Como todas as persoas maiores de 80 anos esperaba con grande alegría a campaña de vacinación contra a Covid-19. Tivo sorte porque o sua apelido comeza pola L, xa a chamaron para que se vacinara,” comenta a súa neta.

MÁIS DUNHA HORA

A protagonista desta historia está citada esta semana no centro de saúde de Quiroga, o que sorprendeu á familia. “Se poñemos no Google Maps como chegar podemos ver claramente que é máis dunha hora. Unha hora de coche por unha estrada que non é precisamente moi agradable para unha señora de 94 anos con mobilidade reducida e propensa ós mareos”, sinala a súa neta Alba.

Na chamada para concertar a vacinación, a avoa de Alba dixo que non se atrevía a facer unha viaxe tan longa. A operadora comunicoulle, segundo conta Alba, que o tempo de espera para vacinar nos domicilios particulares era de dous a tres meses. “Por que miña avoa ten menos dereitos que as persoas que están nas residencias de maiores, ás que vacinaron no seu cuarto? Por que miña avoa ten menos dereitos que unha persoa que vive en Santiago á que lle leva 5 minutos chegar ó seu centro de saúde? Por que lle poñen a vacina da gripe na súa casa pero non lle poñen a do coronavirus?”

OUTRA DISCRIMINACIÓN

A historia da avoa de Alba esténdese a outros maiores do Courel e doutros concellos de montaña, por exemplo ós seus veciños. “Teño uns veciños que son matrimonio, teñen máis de 80 anos e ningún deles ten coche. Viven sós, dependen dun taxi para que os leve ós sitios. Como teñen distintos apelidos teñen que pagar a un taxi dous días diferentes para poder vacinarse. Esta é unha pequena mostra do que pasa no rural, non só no Courel, tamén en Cervantes, na Fonsagrada…”

As dificultades para a mobilidade nos concellos de Montaña seguen pasando factura por non adaptarse as normas á súa realidade. E cada vez máis voces se erguen demandado igualdade de condicións. Acaban de facelo coas mobilizacións para manter o seu transporte escolar e agora co acceso dos maiores de 80 anos ás súas vacinas. Como boa nova con respecto á Covid, na zona sur da provincia, hai tres concellos libres de coronavirus, Folgoso do Courel, O Incio e Bóveda.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

A provincia estará en alerta este martes por espesas néboas vespertinas

Precipitacións, treboadas e néboas activarán este martes os avisos en once provincias, con Mallorca,...

Achado un home inconsciente e ensanguentado fronte ao after Las Palmeras, que volve estar no punto de mira

Un novo incidente volveu a pór no punto de mira ao after As Palmeiras,...

Seguen hospitalizadas tres das seis persoas intoxicadas con deterxente nunha pulpería de Lugo

Permanecen hospitalizadas tres dos seis persoas que tiveron que ser ingresadas este fin de...

Tomé destaca que o Centro de Innovación Territorial vertebrará políticas provinciais vinculadas ao reto demográfico

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, destacou que o Centro de Innovación...