InicioSociedadeOs hostaleiros reclaman maior control sobre as festas en pisos por ser...

Os hostaleiros reclaman maior control sobre as festas en pisos por ser focos de contaxio

O presidente da Apehl, Cheché Real, insistiu en que bares e restaurantes non son causantes da proliferación de casos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría, Cheché Real, reclamou un maior control sobre as “festas en pisos” por ser un foco de contaxios.

Así, Real comentou que arelaxación” das restricións en Lugo a partir deste venres supón certo “alivio”, aínda que “economicamente non supón nada salvo unha esperanza de que a próxima semana nos poidamos mover nuns parámetros de apertura maiores se isto segue baixando.

“Eu penso que está demostrado que a hostalaría non é a causante dos contaxios. Con todo, hai que buscar e dar con eles, sobre todo vixiar eses pisos onde se fan festas e que proliferan en todo o territorio nacional e é onde verdadeiramente se producen eses contaxios porque non se toma ningunha medida, nin se respectan os protocolos de seguridade”, lamentou.

RECURSO ANTE O TSXG

Cheché Real explicou que aínda seguen á espera do “contencioso” presentado ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que lles permita unha “maior apertura”, e que rexistraron o pasado 9 de decembro. O anterior foi tombado, pero aínda así mantén a esperanza dunha resolución favorable aos intereses do sector.

“Se nos fixamos no do País Vasco aquí non ten nada que ver, pero nós seguimos pelexando para que se consiga unha maior apertura das nosas empresas e, se non, o que reclamamos é unha indemnización precisamente porque non se nos deixa traballar, nin facturar, que é o obxectivo dunha empresa cando se crea”, concluíu o presidente dos hostaleiros de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

O profesor acusado de presunto abuso sexual no colexio Albeiros di que todo é unha “confabulación”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a primeira xornada do xuízo que...

O PP de Lugo solicita unha prórroga para presentar alegacións ao Plan de Mobilidade

O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo solicitou ao goberno local,...

A Semana Santa de Lugo sairá á rúa con 12 procesións e o apoio da Deputación

O deputado de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Pablo Rivera Capón,...

Declaración de Praia, reforzo entre mandatarias locais de Galicia, Cabo Verde e Mozambique

O II Encontro Internacional de Mulleres Electas ‘As Elixidas’, celebrado na cidade de Praia,...