InicioSociedadePiden que se paralice a poxa dun can iniciada nun xulgado lucense

Piden que se paralice a poxa dun can iniciada nun xulgado lucense

Unha asociación animalista lamenta que o animal sexa considerado un "simple obxecto co que obter fondos".

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE |  A Fundación Franz Weber solicitou esta mañá “a paralización inmediata” da poxa dun can, un animal de raza Boston Terrier e de nome ‘Boss’, que “o Xulgado de Primeira Instancia Número 3 de Lugo abriu” cun valor inicial de 3.431 euros, ao considerar que é totalmente “contraria a dereito”.

Esta organización animalista subliña que a poxa, que finalizará o próximo 3 de marzo, prodúcese coma se o animal fose “un ben inmoble”, cando “a comunidade científica ofrece datos incontestables que recoñecen que os animais teñen sensibilidade, é dicir, sensacións físicas e psíquicas complexas, o que motivou reformas legais en todos os niveis”.

De feito, afirma que “esa poxa atenta contra o artigo 13 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea”, que establece que os estados membros terán “plenamente en conta as esixencias en materia de benestar dos animais como seres sensibles”. A organización lamenta que o “titular do Xulgado” reduza o animal á condición dun “simple obxecto co que obter fondos para o preceptivo procedemento”.

“Tal e como reiterou o Consello de Estado”, os “animais en España xa teñen a consideración de seres sensibles ou sentientes” por mandato do Tratado da Unión Europea, que é dereito positivo de aplicación directa en España”, engade. Polo tanto, FFW subliña que “tanto desde o punto de vista legal como ético e científico resulta totalmente incorrecto e inxustificado poxar a un animal de compañía”.

+ posts

ÚLTIMAS

Pechado o programa de actividades para o 8M da área de Muller do Concello de Lugo

A área de Muller, Igualdade e Inclusión do Concello de Lugo pechou o programa...

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...