InicioSociedade"A este ritmo de vacinación é imposible inmunizar o 70% da poboación...

“A este ritmo de vacinación é imposible inmunizar o 70% da poboación para setembro”

O doutor lucense Lorenzo Armenteros, voceiro da Sociedade Española de Médicos Xerais e de Familia, pide o "esforzo máximo" do Goberno para "conseguir máis vacinas e administralas no menor tempo posible".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O portavoz da Sociedade Española de Médicos Xerais e de Familia, o lucense Lorenzo Armenteros, apremou o Goberno central e á autonomías a que apuren as vacinacións, pois do contrario “ao ritmo” que vai a campaña “dificilmente” se chegará á inmunización do 70 por cento da poboación en setembro.

“A este ritmo será imposible porque é un ritmo que avanza moi lento. É necesario que se faga unha vacinación dunha forma masiva canto antes“, advertiu. Así, Armenteros apela a que “se está comprobando que o feito e a escasa cantidade de vacinados sobre todo na poboación vacinada, xa se reduciu a mortalidade”.

Este médico lucense reivindicou que “hai que facer un esforzo máximo polo Goberno central, os gobernos autonómicos e as autoridades sanitarias para conseguir da forma que sexa máis vacinas e poder administralas no menor tempo posible”. “É unha prioridade absoluta. Tería que ser unha prioridade de Estado, porque á vez que se vacina mellórase na economía, na hostalaría, e poderase volver facer vida normal e se a solución son as vacinas o esforzo ten que ser máximo”, insistiu.

“Sabendo o que sabemos agora, e esa redución da mortalidade, non podemos perdoar ás autoridades sanitarias se non pon todo o esforzo para vacinar”, abundou. En canto ao déficit de persoal para administrar vacinas, Lorenzo Armenteros argumentou que “hai 17 comunidades autónomas e posiblemente hai 17 sistemas de vacinación, se se realiza de forma masiva con persoal que se saque dos centros de saúde para facer estas vacinacións imos vestir un santo desvestindo outro“.

PRIMARIA

Así mesmo, avisa de que “a Atención Primaria está escasa e non poderá asumir o traballo actual se teñen que facer vacinacións”. “Se se fai con persoal específico é probable que si ou se se retira esa carga burocrática que nos invade en atención primaria para poder realizar este traballo con maior dignidade”, considerou.

“Polo esforzo do persoal non vai quedar porque están a facer o máximo. Levamos tempo traballando tarde e noite”, esgrimiu finalmente o portavoz da Sociedade Española de Médicos Xerais e de Familia.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo estuda unir os parques Rosalía de Castro e Marcos Cela cunha pasarela peonil

 Concello de Lugo proxecta a unión dos parques Rosalía de Castro e Marcos Cela...

O patrocinio dun clube de alterne no cartel dunhas festas volve xerar polémica en Outeiro de Rei

Un ano máis xurdiu a polémica en Outeiro de Rei pola publicidade que se...

Un incendio nunhas instalacións agrarias mobiliza os servizos de emerxencias en Friol

Os servizos de emerxencias traballan a esta hora na extinción dun incendio nas instalacións...

Tres detidos tras desmantelar dous puntos de venda de droga en Lugo

A Policía Nacional detivo a semana pasada a tres persoas tras desmantelar dous puntos...