InicioSociedadeOs casos activos seguen minguando, mais os hospitais manteñen a presión

Os casos activos seguen minguando, mais os hospitais manteñen a presión

O Sergas rexistra 78 pacientes ingresados: 53 en planta e 25 na Uci.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os casos activos de coronavirus seguen en descenso na área sanitaria de Lugo e sitúanse nos 1.086 (43 menos ca onte). Á súa vez, a cifra de contaxios detectados nas últimas 24 horas mantense estable (35), pero a presión hospitalaria non continúa os datos favorables de onte.

Neste mércores 17 de febreiro, o Sergas comunica que hai 78 persoas ingresadas con Covid-19 (+2): 53 en planta (35 no HULA, 5 na Mariña, 12 en Monforte, 1 no Polusa) e outras 25 na UCI do HULA.

Pola súa parte, a provincia achégase cada vez máis á barreira dos 200 falecidos pola pandemia. En total rexistráronse 196 falecementos, un número que sería superior se o Sergas computase aquí os usuarios de residencias de Lugo que finaron noutras áreas sanitarias tras ser trasladados.

Os datos históricos revelan que se curaron 10.094 persoas e que se realizaron 178.212 probas PCR (787 onte).

GALICIA

En Galicia, a presión hospitalaria segue en descenso ao rexistrarse 27 ingresados menos con Covid-19. Deles, 18 corresponden a UCI, polo que baixan a 924 os hospitalizados en toda a comunidade. Tamén volven reducirse os casos activos, que se sitúan en 11.742. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...

Sometido a información pública o proxecto de trazado para mellorar a seguridade no Camiño do Norte

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o trámite de información pública para o...

O PP de Cervantes trasládalle á Xunta a “preocupación” pola atención médica na zona

Os concelleiros do PP de Cervantes reuníronse co conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño,...