InicioSociedadeA presión non mingua nos hospitais malia a baixada de casos activos...

A presión non mingua nos hospitais malia a baixada de casos activos e diagnósticos

A área de Lugo rexistra 1.767 pacientes con infección activa (case cen menos) e nas últimas 24 horas confirmáronse 50 novos positivos

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo rexistra este luns 8 de febreiro un total de 1.767 casos activos de coronavirus; isto é, 96 menos ca os contabilizados onte. O Sergas tamén informa dun descenso no número de diagnósticos a través de PCR: nas últimas 24 horas confirmáronse 50 novos positivos, fronte ao máis do centenar de onte.

Porén, non diminúe a presión hospitalaria na provincia, que pasa dos 95 ingresos de onte aos 97 de hoxe. Hai dúas persoas máis en planta (son 68:  43 no HULA, 6 en Monforte e 19 na Mariña) e unha máis na UCI, para un total de 29 (27 no HULA e 2 na Mariña).

Por outra banda, Sanidade refire 182 falecidos tras notificar na tarde de onte dúas mortes máis de pacientes que foran diagnosticados por coronavirus en Lugo. Do mesmo xeito, dende o inicio da pandemia curáronse 8.960 persoas e realizáronse 168.846 probas PCR.

GALICIA

No conxunto galego, os pacientes hospitalizados con Covid-19 aumentaron en 43, tras subir en seis os que se atopan en UCI e en 37 os que permanecen noutras unidades nunha xornada na que os contaxios diarios caen a 525 -cifra á que non se descendía desde principios de xaneiro, xa que o Día de Reis foron notificados 590 positivos e non se baixou dese dato ata agora-. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

A Xunta denfende o servizo de Urxencias do HULA e o PSdeG acúsao de “tapar e ocultar”

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, reivindicou o servizo de Urxencias do Hospital...

Proxección coloquio dos videoclips finalistas dos XXIV Premios Mestre Mateo este xoves no Pazo de San Marcos

A deputada de Cultura Iria Castro convida a asistir á proxección coloquio dos videoclips...

Lugo aproba os convenios para a renovación de Serra de Meira e de Fermín Rivera

A Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo aprobou o convenio de colaboración...

Formación da Deputación ‘E para dixitalizarse, Lugo’: 3000 persoas pasaron por estas aulas

  O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, entregou este mércores en...