InicioSociedadeDenuncian unha atención deficiente no centro de saúde do Cádavo: "Derívannos a...

Denuncian unha atención deficiente no centro de saúde do Cádavo: “Derívannos a urxencias”

O PSdeG critica que apenas se reciben pacientes in situ, senón que priman as consultas telefónicas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O grupo municipal do PSdeG de Baleira denuncia o “desmantelamento sanitario” que sofre a veciñanza do municipio. Aseguran que a atención telefónica prima agora sobre a atención no centro de saúde, onde poucos están a ser recibidos para consultas ordinarias, senón que son derivados a outros centros.

Explicouno a voceira socialista, Laura Burgué, explicouno: “puiden comprobar en primeira persoa como non se está atendendo os pacientes diarios no centro de saúde do Cádavo. Só se atenden por vía telefónica, derivando os doentes ás urxencias hospitalarias que poden colapsar por esta situación”.

Burgué lembrou que unha poboación envellecida require un bo sistema asistencial sanitario nos seus domicilios, “xa que por mor da pandemia fáiselles máis difícil o seu desprazamento”. “En plena pandemia, os concellos pequenos como o de Baleira son os que máis están comprobando a lamentable situación da sanidade da nosa provincia”, engadiu.

Referiuse, así mesmo, a que no centro de saúde do Cádavo só hai un médico para atender máis de 1.200 veciñas e veciñas. “No suposto de que este sanitario tivese que saír a realizar unha urxencia, o centro de saúde queda sen ningunha asistencia médica”, subliñou. Ademais, a situación empeora, di, debido a unha baixa médica no centro. “Os doentes temos que convivir cun facultativo novo cada pouco tempo, o que encarece a nosa asistencia sanitaria”, rematou Burgué.

+ posts

ÚLTIMAS

Besteiro denuncia a “compravenda vergoñenta” do goberno local de Lugo: “os veciños farán pagar ao PP”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que os veciños de...

Elena Candia busca “fórmulas legais” para incorporar á tránsfuga Reigosa no goberno local

O pleno do Concello de Lugo no que se debatirá a moción de censura...

Localizan en Becerreá unha adolescente desparecida en Carlet (Valencia)

A Garda Civil localizou no municipio de Becerreá a unha menor de Carlet cuxa...

Candia e a tránsfuga Reigosa presentan a moción de censura

A moción de censura que arrebatará o goberno de Lugo ao bipartito de PSOE...