InicioSociedadeBaixa o número de casos activos na área lucense

Baixa o número de casos activos na área lucense

A presión hospitalaria segue en aumento, con 25 pacientes na Uci.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Primeiro paso atrás da Covid-19 nesta terceira onda ao descender os casos activos. A área sanitaria de Lugo rexistra este mércores 3 de febreiro 2.093 pacientes con infección activa (42 menos ca os contabilizados onte). En cambio, aumentaron os diagnósticos de casos novos, con 80 detectados nas últimas 24 horas a través de PCR.

O que non deixa de medrar polo momento é a presión hospitalaria, que hoxe se sitúa nos 95 ingresos na provincia: 70 en planta (42 no HULA, 7 na Mariña, 17 en Monforte, 1 no Polusa) e 25 nas Unidades de Coidados Intensivos (23 no HULA e 2 na Mariña).

Ao tempo, segundo datos do Sergas, a provincia alcanzou a cifra das 174 vítimas mortais logo de que na tarde de onte se comunicara o falecemento doutras dúas persoas. Os datos históricos tamén amosan 8.219 persoas curadas dende o inicio da pandemia e 162.145 PCR realizadas (1.327 delas onte).

GALICIA

En Galicia tamén hai datos menos malos no día de hoxe. Os pacientes hospitalizados con Covid-19 descenderon en 67, tras baixar tanto os que se atopan en UCI (247), como os que permanecen noutras unidades (1.125), nunha xornada na que tamén se reducen os casos activos, que se sitúan en 22.440 -82 menos-. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

A Xunta denfende o servizo de Urxencias do HULA e o PSdeG acúsao de “tapar e ocultar”

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, reivindicou o servizo de Urxencias do Hospital...

Proxección coloquio dos videoclips finalistas dos XXIV Premios Mestre Mateo este xoves no Pazo de San Marcos

A deputada de Cultura Iria Castro convida a asistir á proxección coloquio dos videoclips...

Lugo aproba os convenios para a renovación de Serra de Meira e de Fermín Rivera

A Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo aprobou o convenio de colaboración...

Formación da Deputación ‘E para dixitalizarse, Lugo’: 3000 persoas pasaron por estas aulas

  O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, entregou este mércores en...