InicioSociedadeO Sergas comunica outras dúas mortes por coronavirus na área de Lugo

O Sergas comunica outras dúas mortes por coronavirus na área de Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) vén de comunicar outros dous falecementos de persoas que foran diagnosticadas de coronavirus na área de Lugo: un home de 85 anos, residente no centro Nosa Señora do Carmen (Sarria), e outro de 83, que permanecía ingresado no HULA.

Ningún dos decesos corresponde coa xornada de hoxe, a pesar de ser referidos por Sanidade á última hora da tarde de hoxe canda outras 26 mortes no conxunto de Galicia. Todas elas presentaban patoloxías previas.

Desta maneira, a área sanitaria de Lugo alcanza as 174 vítimas mortais no que vai de pandemia. 

ÚLTIMAS

Desatascar a praia fluvial e as obras da Rolda Este, compromisos acadados entre Xunta e Concello

A Xunta de Galicia e o Concello de Lugo alcanzaron compromisos, tras unha reunión conxunta mantida este martes,...

A Deputación de Lugo vende cinco parcelas en dous polígonos industriais da provincia

Cinco novas parcelas industriais foron adquiridas nos polígonos de Paradela e Begonte nunha operación...

Dous mozos golpean no parque Rosalía de Castro a un home tras un altercado con dúas mozas por motivo de cartos

Un home maior foi golpeado brutalmente no parque Rosalía de Castro de Lugo por...

Cachan a dous condutores de patinete eléctrico borrachos en Lugo, un deles superando o límite penal

A Policía Local de Lugo detectou ao longo da semana pasada a dous condutores de patinete eléctrico...