InicioSociedadeEducación notifica 20 contaxios máis en centros escolares de Lugo

Educación notifica 20 contaxios máis en centros escolares de Lugo

Hai tres escolas infantís pechadas, o PAI de Friol, o de Taboada e a EI de Viveiro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os centros educativos galegos superaron un día máis o máximo de contaxios rexistrado en todo o curso. Os positivos por COVID-19 nestas instalacións alcanzan xa os 3.725, case un cento máis que o venres e preto de mil máis que hai unha semana. Esta situación obriga a manter pechadas polo menos 184 aulas por decreto da autoridade sanitaria, unhas 24 máis, ademais dun total de sete escolas infantís. Entre elas están o PAI de Friol, o de Taboada e a EI de Viveiro.

Os centros da área de Lugo suman 364 casos, 20 máis, e 12 unidades e tres escolas pechadas.

Un dos datos máis destacados do balance facilitado pola Xunta este sábado é que os centros da área da Coruña superan xa o milleiro de casos activos e suman un total de 1.005, ademais de 44 aulas pechadas. Máis dunha trintena de escolas superan a decena de positivos nas súas instalacións.

+ posts

ÚLTIMAS

Elena Candia busca “fórmulas legais” para incorporar á tránsfuga Reigosa no goberno local

O pleno do Concello de Lugo no que se debatirá a moción de censura...

Candia e a tránsfuga Reigosa presentan a moción de censura

A moción de censura que arrebatará o goberno de Lugo ao bipartito de PSOE...

Moción de censura: O goberno local aluda á “indignación popular” contra a moción do PP

A presidenta provincial do PP de Lugo e portavoz municipal na cidade, Elena Candia,...

María Reigosa non se presentará á praza de Litoral que vinculan ao seu apoio á moción de censura

A edil exsocialista do Concello de Lugo María Reigosa asegurou que non se presentará...