InicioSociedadeO cribado de Vilalba atrásase ao venres e xa non se admiten...

O cribado de Vilalba atrásase ao venres e xa non se admiten máis solicitudes de PCR

O Sergas realizará finalmente 500 probas, o cupo que é posible debido á "situación de colapso" polo aumento de casos na provincia

PUBLICADA O

- Advertisement -

O cribado previsto para este xoves 28 de xaneiro en Vilalba atrásase finalmente ata a tarde do venres desta mesma semana (entre as 16:00 e as 21:00 horas). Así mesmo, o Concello de Vilalba informa de que xa non se recollen máis solicitudes para realizar as probas PCR debido á “situación de colapso dos servizos sanitarios” da Xunta polo aumento de casos na provincia.

O cribado voluntario diríxese a traballadoras e traballadores do sector servizos, por entender que son un dos colectivos máis expostos. O Sergas fará 500 probas PCR este cribado e comprometeuse co Concello de Vilalba a efectuar máis cribados nas vindeiras semanas se é necesario, en vista da alta incidencia do virus no municipio.

Nos últimos 14 días, confirmáronse 121 casos de coronavirus en Vilalba, cun incremento importante nas últimas xornadas. Actualmente, segundo datos do Servizo Galego de Saúde e do Concello, hai 137 casos activos.

O Concello notificará ás persoas que participarán no cribado o horario no que deben estar no pavillón municipal.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...