InicioSociedadeVarios núcleos da Terra Chá continúan illados por mor das inundacións

Varios núcleos da Terra Chá continúan illados por mor das inundacións

O desbordamento do Miño tamén anegou parte das instalacións do Club Fluvial de Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | As borrascas encadeadas que descargaron copiosas precipitacións nos últimos días sobre a provincia de Lugo provocaron o desbordamento de moitos ríos na comarca da Terra Chá, onde hai amplas zonas totalmente asolagadas, especialmente nos municipios de Cospeito e Castro de Rei. A algúns núcleos só se pode acceder en tractor ao estar as estradas cubertas pola auga.

Segundo a información facilitada pola Dirección Xeral de Tráfico, nestes momentos permanecen cortadas polo menos tres estradas locais na comarca de Terra Chá. Entre as estradas cortadas figuran dúas vías provinciais, a LU- P-1701, no lugar da Veiga (Cospeito), entre os quilómetros 8 e 10; e a LU- P-1112, no lugar de Lagoa de Abaixo. Tamén está cortada ao tráfico, en ambossentidos da circulación, a estrada local que comunica a Ponte de Outeiro con Marquide, preto da localidade de Muimenta (Cospeito).

Ademais, a Xunta de Galicia activou o Plan Especial para o Risco de Inundacións en Galicia ante a posibilidade de que se produzan desbordamentos puntuais no río Ladra, nos municipios de Vilalba e Begonte, e en Labrada, ao seu paso pola capital chairega. En todo caso, tamén informou de que a situación “mellorou bastante no curso dos ríos, tal e como indican os sistemas de control e seguimento das concas”.

INUNDACIÓNS NO CLUB FLUVIAL DE LUGO

Así mesmo, a subida de caudal do río Miño ao seu paso pola cidade de Lugo tamén anegou algunhas zonas fluviais de recreo na contorna da cidade e, en concreto, parte das instalacións do Club Fluvial.

+ posts

ÚLTIMAS

Os bombeiros intentan sufocar un incendio en Xermade

Equipos de bombeiros atópanse actualmente traballando na extinción dun lume declarado na parroquia de...

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

Senadores do PP de Lugo sinalan que o Goberno non acometerá a rehabilitación da N-120

Senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno central recoñece nunha resposta...

Dous homes sentan no banco da Audiencia Provincial por unha pelexa con pa e aixada que acabou coa perda dun ollo na Fonsagrada

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo xulgará este martes, 21 de abril,...