InicioSociedadeCribado poboacional en Palas de Rei debido á elevada incidencia do virus

Cribado poboacional en Palas de Rei debido á elevada incidencia do virus

Convocarase a medio millar de veciños do concello para efectuar probas de antíxenos durante a vindeira semana.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) vai realizar un cribado poboacional con antíxenos no concello de Palas de Rei ante o elevado número de casos positivos detectados nos últimos días no municipio, cunha incidencia acumulada a 14 días de arredor de 1.000 casos por 100.000 habitantes.

Segundo comunicou o Sergas, convocarase vía SMS a un total de 500 veciños de entre 18 e 65 anos. As probas efectuaranse no centro de saúde durante as tardes da vindeira semana, do luns ao venres. Con esta mostraxe, Sanidade trata de detectar posibles asintomáticas que poidan estar sendo transmisores da enfermidade.

CRIBADO EN VILALBA

Este mesmo fin de semana, o Sergas tamén realizará un cribado similar no Vicedo ou outro (con PCR en saliva) á mocidade de Vilalba.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSdeG reclama á Xunta unha solución ante “a extrema gravidade” de Urxencias no HULA

A deputada do PSdeG Lara Méndez López vén de rexistrar no Parlamento unha iniciativa...

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...