InicioSociedadeUn novo falecido no Hula por Covid

Un novo falecido no Hula por Covid

Proviña da residencia A Pastoriza

PUBLICADA O

O luns a Xunta informou de 24 falecidos, o martes de 14 e este mércores de 16. En total son 54 as vítimas reportadas nos últimos días –1.564 falecidos en total–, un número que volve lembrar aos peores momentos desta pandemia. Nas últimas 24 horas decreceu a presión sobre a provincia da Coruña e, particularmente, das áreas de Ferrol e A Coruña, que non rexistraron falecidos, pero aumentou en Santiago.
Segundo informa o Sergasna capital galega morreron tres persoas no CHUS. Trátase dun home de 90 anos e de dúas mulleres de 84 e 85. Tamén na provincia da Coruña faleceu unha muller de 91 anos na residencia DOMUSVI de Vimianzo
Pero, a área sanitaria máis afectada foi, nesta ocasión, a de Vigo. Alí morrreron seis persoas, tres deles, no CHUVI. Trátase de dous homes de 77 e 83 anos e dunha muller de 96 que procedía da residencia paz y Bien de Tui. Tamén faleceu outro varón de 56 anos en Povisa.
Tamén en Ourense se rexistraron catro falecidos nas últimas horas, dúas delas, un home de 88 anos e unha muller de 89 no CHOU e as dúas restantes, dúas mulleres de 80 e 87 anos, na residencia Santa María de Verín.
Finalmente, o Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP) rexistrou dous falecidos; un home de 80 anos e unha muller de 81 e o Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo outro home de 95 anos procedente da residencia A Pastoriza. Todos os falecidos tiñan patoloxías previas e catro deles eran usuarios de residencias de anciáns.
Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.
+ posts

ÚLTIMAS

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

Consideran “consistente” a declaración dunha das nenas que denunciaron un profesor por presunta agresión sexual

O xuízo contra o profesor de música de Albeiros acusado de agresión sexual a...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...