InicioSociedadeO Concello de Vilalba solicita un cribado do Sergas para o sector...

O Concello de Vilalba solicita un cribado do Sergas para o sector servizos e o comercio

Preténdese dar coa existencia de persoas asintomáticas debida á elevada incidencia acumulada do municipio.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Vilalba xestiona coa Consellería de Sanidade a realización dun cribado con probas PCR no municipio, dirixido especialmente aos traballadores e traballadoras do sector servizos e o comercio.

Vilalba leva xa dous meses con medidas e restricións severas pola situación epidemiolóxica, pero a incidencia acumulada continúa elevada, o que posiblemente implica a existencia dun número importante de persoas positivas asintomáticas.

Así pois, a alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, púxose en contacto coa Consellería de Sanidade para a realización do cribado, principalmente dirixido ás profesións que están más en contacto cos veciños e veciñas. O goberno local dará máis información sobre a data e o lugar das probas cando obteña a confirmación do cribado por parte da Xunta de Galicia.

Vilalba é un dos 60 concellos galegos que pasa a estar desde esta próxima medianoite nun nivel máximo de restricións pola evolución da situación epidemiolóxica. As restricións manteñen a mobilidade limitada ao seu termo municipal e a hostalaría só poderá servir en terraza ata as 18:00 horas.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao Goberno de “non arranxar” a N-624 nin tapar fochancas no polígono de Vilalba

Os senadores do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan...

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

As Africores de Lugo entre as beneficiadas con axudas para o control do rendemento leiteiro

A Consellería do Medio Rural publicou este mércores no Diario Oficial de Galicia (DOG)...