InicioSociedadeDetectados case cen novos casos na área lucense mentres Galicia bate un...

Detectados case cen novos casos na área lucense mentres Galicia bate un novo récord

Lugo conta 945 casos activos (+55), con 34 hospitalizacións. No conxunto da comunidade, contaxios e ingresos están disparados.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Son xa 945 casos activos por coronavirus os que se rexistran na área sanitaria de Lugo – A Mariña – Monforte, 55 máis ca os contabilizados onte. Segundo os datos do Servizo Galego de Saúde (Sergas), nas últimas 24 horas confirmáronse 97 positivos mediante PCR na provincia.

Os hospitais atenden hoxe un total de 34 pacientes diagnosticados de Covid-19: dous máis ca onte, aínda que as UCI rebaixan presión. O Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) conta doce ingresos en planta e tres na unidade de críticos; o da Mariña, 14; e o de Monforte, cinco.

Por outra banda, á última hora da tarde de onte o Sergas notificaba o falecemento dun nonaxenario usuario da residencia da Pastoriza. Polo tanto, a cifra de vítimas mortais da pandemia na provincia elévase ata as 149. Ata o de agora curáronse 6.881 persoas e realizáronse 137.147 PCR (onte 1.130 probas, cun 7’8% de positividade).

PREOCUPACIÓN EN GALICIA

A situación é preocupante no conxunto galego, onde xa se superaron os 10.000 casos activos tras máis de 1.100 novos contaxios detectados nas últimas 24 horas. Estas cifras sitúan ao país na terceira onda con cifras de récord, que non paran de crecer desde o Nadal. Precisamente, foron estas datas, con infinidade de xuntanzas familiares o que está motivando que os casos e as hospitalizacións estean disparados. Podes ler máis información no Galicia Confidencial.
+ posts

ÚLTIMAS

A Xunta denfende o servizo de Urxencias do HULA e o PSdeG acúsao de “tapar e ocultar”

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, reivindicou o servizo de Urxencias do Hospital...

Lugo aproba os convenios para a renovación de Serra de Meira e de Fermín Rivera

A Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo aprobou o convenio de colaboración...

Formación da Deputación ‘E para dixitalizarse, Lugo’: 3000 persoas pasaron por estas aulas

  O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, entregou este mércores en...

O PP acusa a PSOE e BNG de teren un “pacto” con José Tomé e de ser “o seu socio de goberno”

O Grupo Provincial do Partido Popular na Deputación de Lugo reclamou explicacións públicas á...