InicioSociedadeDetido en Lugo por ameazar de morte a súa parella

Detido en Lugo por ameazar de morte a súa parella

A Policía Local trasladouse ao edificio onde se atopaba a denunciante, quen relatou "entre saloucos e nun estado de nerviosismo e ansiedade" que non era a primeira vez que sufría algo así.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron na madrugada de onte un home de 39 anos de idade por ameazar de morte a súa parella.

Os feitos ocorreron sobre as 01:20 horas do 6 de xaneiro. Tras un aviso da Sala do 092, efectivos do Grupo Operativo Nocturno trasladáronse a un edificio da cidade, onde puideron falar coa denunciante. “Entre saloucos, nun estado evidente de ansiedade e nerviosismo“, a muller contoulles aos axentes que momentos antes tivera unha discusión coa súa parella na que el chegou a dicirlle: “Ou me entregas o móbil ou non saes de aquí”. Segundo fontes policiais, a vítima relatou que non era a primeira vez que sufría estas ameazas, tamén acompañadas de tiróns de pelo.

Así pois, procedeuse á detención do home por un presunto delito de violencia de xénero. Foi trasladado a dependencias policiais, onde se instrúen as dilixencias para a súa remisión ao Xulgado competente.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...