InicioSociedadeDetectado un gromo na residencia da Pastoriza cunha decena de positivos

Detectado un gromo na residencia da Pastoriza cunha decena de positivos

O Sergas informa de oito usuarios e dous empregados afectados.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O número de usuarios con coronavirus nas residencias de maiores galegas estabilízase este martes, con 143 casos (os mesmos ca onte), pese a detectarse un gromo no centro da Pastoriza, que afecta a oito usuarios e dous empregados, segundo informa o Servizo Galego de Saúde.

Tamén houbo que sumar os novos positivos de tres usuarios da DomusVi Vimianzo (a residencia con máis casos actualmente) e outro na de Burela. Tamén se detectaron tres casos novos en usuarios da San Bartolomeu de Xove.

Pola contra, retíranse, por negativizar, tres usuarios da DomusVi Vimianzo, dúas da residencia San Bartolomeu de Xove, dúas da Monte Tecla da Guarda, un da Vila do Conde, dous da DomusVI Vigo, un da residencia Moledo de Vigo e outro do CRAPD Vigo II.

Por outra banda, en canto aos traballadores de residencias afectados, o Sergas informa hoxe dun total de 93 (un menos).

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...