InicioSociedadeSituación "complicada" na Fonsagrada, con ata corenta centímetros de neve

Situación “complicada” na Fonsagrada, con ata corenta centímetros de neve

O rexedor local pide aos veciños que non se despracen se non é estritamente necesario.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A neve e as xeadas deixaron unha situación “difícil” no concello da Fonsagrada, segundo confirmou o rexedor local, Carlos López. Cinco máquinas quitaneves actúan para atallar as consecuencias do temporal. “Esta noite volveu xear e está a volver a nevar. Ponse complicado“, asegurou.

En todo caso, garantiu que as autoridades están a facer o que poden cos medios dos que dispoñen e “tratando de abrir” os preto de 1.200 quilómetros de pistas municipais. A pesar diso, sinalou que non hai núcleos “illados”.

“Pido paciencia á xente nos núcleos rurais e que saiban que cando haxa algunha urxencia non teñen máis que porse en contacto comigo“, comprometeu, para matizar que “é imposible chegar ao mesmo tempo a todos os lados”.

UNHA MÁQUINA QUITANEVES Á CUNETA

Carlos López calculou que a capa de neve chega nalgunhas zonas “ata os corenta centímetros”, sobre todo no límite con Asturias, onde se rexistran “problemas”. “De feito tivemos unha incidencia cun quitaneves que se nos foi á cuneta e imos sacala hoxe”, engadiu, para recomendar aos veciños que “eviten viaxar” salvo “unha urxencia, porque a situación non é fácil”.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...

O único xulgado polo incendio mortal en Tableros Hispanos de Nadela nega a súa responsabilidade no sinistro

O xuízo polo incendio mortal rexistrado en 2019 na planta de Tableros Hispanos de...

Elena Candia deséxalle sorte aos deportistas que reprensetarán a Lugo no Mundial de Baile Deportivo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, recibiu hoxe na Casa do Concello aos integrantes...