Home Sociedade A cota de neve baixa a 400 metros este luns

A cota de neve baixa a 400 metros este luns

0
A cota de neve baixa a 400 metros este luns
A neve pinta de branco Suárbol | @mvlberries en Twitter

Galicia arrincará a primeira semana completa do 2021 cunha nova xornada de frío e choiva na que a cota de neve descenderá até os 400 metros pola fronte ártica que atravesa o país.

Así o apunta Meteogalicia na súa predición para este luns, no que se esperan ceos cubertos con chuvascos frecuentes no terzo norte e máis illados e ocasionais no resto da xeografía galega.

Deste xeito, caerán nevadas por encima dos 400-500 metros. Baixarán lixeiramente as temperaturas mínimas, seguirán as xeadas e a sensación de frío será continua ao longo do día. O vento será de compoñente norte con pouca intensidade.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here