InicioSociedadeUn nome celta para o primeiro bebé nado en Lugo

Un nome celta para o primeiro bebé nado en Lugo

Eire naceu ás 02,1t horas no Hula.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O primeiro bebé nado en Lugo chámase Eire. Naceu no Hula ás 02,16 horas da madrugada e pesou case tres quilos. É fillo de Victor e de María Eugenia.

Antes ca el naceron Guillermo, Antón e Mariña, que foron os primeiros bebés do ano 2021 en Galicia. No caso de Ourense, o primeiro bebé chámase Antón, primeiro fillo de María e Daniel, que naceu sen complicacións no CHUO cando aínda en Galicia se celebraba a chegada do ano novo. Pesou, informaron fontes da área sanitaria, 3,04 quilos.

Á mesma hora, as 00,05 da madrugada, chegaba tamén ao mundo no Hospital do Salnés, en Vilagarcía, Guillermo, con 3,280 quilos de peso. Un pouco máis tarde, ao redor das 1,30 horas, nacía o terceiro bebé do ano, a primeira nena, Mariña, que chegou ao mundo no Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...