InicioSociedadeBella deixa máis de 30 cm de neve e moitas dificultades en...

Bella deixa máis de 30 cm de neve e moitas dificultades en estradas da provincia

A Deputación de Lugo despregou un dispositivo na mañá deste martes para atender as incidencias e garantir a seguridade nun centenar de estradas da provincia situadas en 19 municipios.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Bella deixou un temporal de neve que dificultou a circulación en máis dun centenar de estradas nas provincias de Lugo e Ourense e levou a manter o peche da OU-122, que discorre cara a Trevinca por Carballeda de Valdeorras, e a prohibición do acceso a parte da A-6 para camións, unha precaución que xa foi levantada.

O acceso ao tramo comprendido entre os puntos quilométricos 419 e 438 da A-6, que discorre desde Pedrafita do Cebreiro á provincia de León, prohibiuse a camións e articulados na mañá deste martes de modo temporal. Posteriormente, levantouse esta restrición, aínda que a zona, onde traballan quitaneves de modo continuado, mantense no nivel verde de precaución.

Así mesmo, a LU-633 permanece en nivel amarelo na zona de Pedrafita do Cebreiro, entre os puntos quilométricos 0 e 31, e a LU-530, en nivel verde. Con todo, non se rexistraron incidencias en estradas das provincias de Pontevedra e A Coruña.

DISPOSITIVO

Paralelamente, a Deputación de Lugo despregou un dispositivo na mañá deste martes para atender as incidencias e garantir a seguridade nun centenar de estradas da provincia situadas en 19 municipios.

Así, o dispositivo, composto por 96 operarios e 48 equipos, traballa en vías que discorren pola Montaña, Terra Chá e a zona sur da provincia, onde as intensas nevadas das últimas horas, que provocaron espesores de entre 15 e 30 centímetros e a formación de placas de xeo, dificultaron a circulación.

En concreto, as estradas da provincia de Lugo afectadas atópanse na Fonsagrada, Baleira, Becerreá, Cervantes, Folgoso do Courel, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Ribeira de Piquín, Quiroga, Ribas de Sil, O Incio, Samos, Triacastela, Muras, Vilalba, Ourol e Taboada.

CORTES DE TRÁFICO

Deste xeito, na Fonsagrada houbo cortes na LU-P-1906, de Pedrafitelas por Vilares a Os Cangos; a LU-P-3601, de Acivro a Negueira de Muñiz; a LU-P-1901, da Fonsagrada a Navia; a LU-P-4606 e a LU-P-4811.

Ademais, en Cervantes prohibiuse o acceso de vehículos, fóra de todoterreos, a varias estradas. Estas foron a LU-P-1401, de LU-723, por Degrada e Piornedo ao límite provincial; a LU-P-1404, de San Román a Quindós; a LU-P-1405, de Campa da Braña a Tres Bispos; a LU-P-1411, de Vilanova a Portelo; e LU-P-1412, de Quindos a Robledo, en Pena do Santo a Setecarballos.

Nesta localidade cortouse o paso tamén na LU-P-0702, de San Román de Cervantes a Degrada; a LU-P-1401, de Doiras a Piornedo ao límite provincial; a LU-P-1402, de San Martiño da Ribeira por Quindous a Vilaquinte; LU-P-1403, de Vilanova a Santa María; LU-P-1404, de San Román a Quindous; LU-P-1406, de Os Prados a Trabado; e a LU-P-1407, de Bolois a Vilanova.

Do mesmo xeito, en Cervantes limitouse a circulación a todoterreos na LU-P-1408, de Fonquente a Noceda; a LU-P-1409, de Quindous por Vilar a Robledo; a LU-P-1410, de San Martiño da Ribeira por Couso a LU-P-1404; a LU-P-1411, de Vilanova por Vilapún a Vilaspasantes e a LU-P-1412, de Pena do Santo a Setecarballos. As mesmas condicións establecéronse na LU-P-3505, de Navia por Vilaquinte a Donís; e a LU-P-4504, de Pedafita a Portelo.

Adicionalmente, requírese a utilización de cadeas para circular por varias estradas das localidades lucenses de Baleira, Samos, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, Ribeira de Piquín e Pedrafita do Cebreiro.

ÚLTIMAS

Tomé presenta o dobre de avais que Castro para dirixir o PSOE provincial

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, duplicou este luns o número de avais...

Café Candelas obtén visto e prace ambiental para construír unha planta que aglutinará todo o proceso produtivo en Lugo

Café Candelas obtivo o visto e prace da Xunta desde o punto de vista ambiental para...

Carlos Blanco será o pregoeiro da XXIX Festa do Queixo de San Simón

Vilalba acolle esta fin de semana unha nova edición, e xa van vinte e...

Ofertan 100 prazas para labores de panadaría nunha compañía do sector da alimentación de Lugo

Adecco publicou este mércores unha oferta de emprego de 100 prazas para labores de panadaría nunha compañía...