InicioSociedadeFalecen dous usuarios do asilo de Vilalba diagnosticados de coronavirus

Falecen dous usuarios do asilo de Vilalba diagnosticados de coronavirus

Sanidade notificou este luns 21 de decembro un total de cinco vítimas mortais en Galicia en relación á pandemia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Consellería de Sanidade informa este luns doutras cinco vítimas mortais da pandemia en Galicia. Dúas delas eran dous homes usuarios da residencia de maiores de Vilalba, de 82 e 65 anos, respectivamente.

Así pois, a área sanitaria de Lugo alcanza a cifra de 145 decesos por mor do coronavirus. Os informes do Sergas recollen dúas mortes menos na provincia, ao non contabiliizarse o de dous usuarios de xeriátricos que finaron en Santiago de Compostela.

Sanidade tamén notificou a morte dun home de 64 anos en Ferrol e a de dous varóns, de 75 e 92 anos, na clínica viguesa Povisa. Galicia chega así aos 1.346 falecementos.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...