InicioSociedadeDenunciada unha octoxenaria por golpear o marido cunha cazola e ameazalo cun...

Denunciada unha octoxenaria por golpear o marido cunha cazola e ameazalo cun coitelo

O home tivo que recibir asistencia nun centro médico ao presentar erosións na cabeza.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | Un home de 89 anos tivo que recibir asistencia facultativa nun centro médico de Lugo ao ser supostamente golpeado pola súa muller de 85 anos. Segundo o relato do ancián, a muller deulle cunha cazola na cabeza e ameazouno cun coitelo.

A Policía Local de Lugo informou de que este suposto caso de violencia no ámbito familiar ocorreu o pasado 19 de decembro, a iso das 16:15 horas, cando unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio se atopaba na rúa Camiño Real e a suposta vítima pediu auxilio aos axentes.

Explicoulles que estaba a comer no seu domicilio en compañía da súa muller, pero esta de súpeto enfadouse “moito” con el, “sen motivo aparente”, colleu “unha cazola e golpeouno na cabeza”, para despois coller un coitelo e ameazalo. Acto seguido, segundo relatou aos axentes, o home marchou de casa coa intención de achegarse ao domicilio dun amigo e contarlle o sucedido.

A patrulla trasladou o octoxenario a un centro médico, dado que presentaba erosións na cabeza. Outra patrulla acudiu ao domicilio familiar e identificou á autora da suposta agresión, unha anciá de 85 anos que negou os feitos.  Os axentes instruíron dilixencias para o Xulgado de Garda por mor deste suceso.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...