InicioSociedadeA Deputación dotará de desfibriladores semiautomáticos a 49 concellos da provincia

A Deputación dotará de desfibriladores semiautomáticos a 49 concellos da provincia

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, anunciou este venres, tras a xunta de goberno provincial, a licitación por 60.000 euros do contrato de subministración de 49 desfibriladores semiautomáticos no marco da campaña ‘Lugo provincia cardioprotexida’.

Trátase dunha licitación que se fai por un período de dous anos, “prorrogables outros dous máis”, e coa que se trata de “dotar de desfibriladores aos 49 concellos que decidiron adherirse” ao programa.

Este investimento leva aparellada a formación necesaria para o persoal municipal no manexo dos desfibriladores. Desta forma, “a Deputación contribuirá a mellorar a protección dos veciños da provincia ante posibles fallos cardíacos, cunha medida que vai na liña do que recomendan as organizacións de médicos”, concretou Tomé Roca.

O presidente da Deputación puxo en valor que é “moi importante contar con estes equipos en instalacións e espazos públicos para reducir ao mínimo posible o tempo de resposta ante unha parada cardio respiratoria”.

OUTROS ASUNTOS

Por outra banda, na xunta de goberno tamén se acordou a renovación do encargo a Tragsa da conservación e mantemento de zonas verdes, por dous anos, por un importe de 1,7 millóns de euros, o que fará posible o mantemento de máis de 820.000 metros cadrados de zonas verdes repartidas por toda a provincia”.

No encontro semanal do goberno provincial aprobábase ademais a adxudicación por máis dun millón de euros das obras de mellora de estradas provinciais en nove concellos da provincia de Lugo: Barreiros, Monforte, Bóveda, Riotorto, Trabada, Lourenzá, Vilalba, Xermade e Pastoriza.

ÚLTIMAS

O alcalde de Lugo pide unha reunión urxente a Rueda para desbloquear o Museo da Romanización

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, solicitou unha reunión urxente co presidente da Xunta,...

Un proxecto de larvas de mosca para usos agrarios e animais, novo proxecto industrial estratéxico en Palas de Rei

O Goberno galego analizou este luns o acordo polo que se declara proxecto industrial...

Buscan un menor migrante desaparecido do centro de acollida de O Malvarón en Monforte de Lemos

Desde este domingo, as forzas de seguridade buscan a un mozo migrante menor de...

Collen a varios vehículos a máis de 200km/h tras participar en carreiras ilegais na A-6 en Outeiro de Rei

A Garda Civil culminou un dispositivo especial de vixilancia imputando en calidade de investigados...