InicioSociedadePlataformas veciñais piden que se dote a sanidade pública de robots cirúrxicos...

Plataformas veciñais piden que se dote a sanidade pública de robots cirúrxicos Da Vinci

O presidente de Galicia Baleira e da Federación de Veciños reclamará este tipo de aparellos que serven para tratar distintos cancros e que xa están dispoñibles en hospitais privados galegos, pero non nos do Sergas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Plataforma Veciñal Galicia Baleira e da Federación de Asociacións de Veciños de Lugo, Jesús Vázquez, anunciou que se dirixirá ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para reclamar que se dote a sanidade pública de robots cirúrxicos chamados Da Vinci.

Esta cirurxía aplícase sobre todo para o tratamento de distintos cancros como o de próstata, ril ou de vexiga. Aínda que estes aparellos teñan “un custo importante” de máis dun millón de euros, son “facilmente amortizables”.

Así, relata que outras comunidades como “Madrid, Euskadi, Cataluña ou Valencia” incorporaron esta tecnoloxía, mentres censura que non exista na sanidade pública galega. “Case todas as comunidades de España, incluíndo aquelas gobernadas polo PP, contan con este tipo de cirurxía que se incorporou á sanidade pública”, agrega.

Deste xeito, esta plataforma preguntará a Feijóo como é posible que a sanidade privada teña estes robots en Vigo e A Coruña, pero non os haxa na pública. “Parece que segue habendo dúas sanidades, a dos que poden pagarlla na privada e logo está a pública“, reprocha.

“Os galegos sempre chegamos tarde a unha chea de cousas”, lamenta. Deste xeito, pregúntase “cales son os intereses” que “imposibilitan” que haxa este servizo. “Imos loitar pola robótica Da Vinci”, deixou claro.

+ posts

ÚLTIMAS

O BNG presenta en Lugo a candidatura de Rubén Arroxo á alcaldía para as municipais de 2027

O BNG celebrará o vindeiro mércores en Lugo un acto público para presentar a...

A Policía Nacional investiga seis roubos en vehículos estacionados nunha rúa de Lugo

A Policía Nacional de Lugo abriu unha investigación para esclarecer seis roubos rexistrados en...

A xuíza amplía a investigación a José Tomé e cita 5 mulleres vinculadas ao PSdeG

A investigación xudicial aberta contra o alcalde de Monforte de Lemos e expresidente da...

O exdelegado da Xunta Javier Arias perfílase como novo director de Urbanismo no Concello de Lugo

O exdelegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias, que foi relevado...