InicioSociedadeA libraría Galicia agocha décimos de lotaría en Lugo e dá pistas...

A libraría Galicia agocha décimos de lotaría en Lugo e dá pistas para a súa descuberta

O dono do establecemento ideou este xogo para repartir "ilusión" no barrio de San Antonio, por onde estarán colocados os boletos dunha serie completa.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | O propietario da Librería Galicia, Fernando Toubes, que tamén é punto de venda autorizado de Lotarías e Apostas do Estado na rúa Ourense (Lugo), fixo seu o lema da campaña publicitaria para o Sorteo Extraordinario de Nadal: “Compartir como sempre. Compartir como nunca”.

Neste ano difícil, este loteiro lucense quere insuflar algo máis de “ilusión” no seu barrio, polo que tomou a decisión de repartir de forma gratuíta “unha serie” de décimos para o sorteo do día 22 entre os seus veciños.

Farao, en todo caso, dunha forma especial, porque a súa idea é esconder os décimos por diferentes puntos do barrio de San Antonio nos próximos días, de modo que aqueles que queiran facerse cun dos boletos terán que buscalos por distintos lugares desa zona da cidade de Lugo.

Por suposto, non o farán a cegas. “Imos darlles pistas na propia librería”, sostivo, para indicar que poñerán aos interesados no camiño correcto para chegar aos décimos agochados, sempre que as interpreten de forma adecuada.  Por suposto, “se non o conseguen”, aclara, “diremos abertamente onde se atopan antes de que se celebre o sorteo”.

Para iso, para asegurarse de que ningún décimo queda sen recoller, os promotores desta iniciativa vixiarán diariamente os lugares nos que foron escondidos. EFE

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE defende un “proxecto da xente” fronte a unha dereita centrada en “desmantelar” servizos públicos

Os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo, Patricia...

Condenan a nove anos por maltratar e agredir sexualmente á filla menor da súa parella

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a nove anos e un...

Benigno Gómez (PSOE), o alcalde que deixa Cervantes para gozar da xubilación tras cinco maiorías absolutas

O socialista Benigno Gómez, nacido en 1953, presentou este luns a súa renuncia como...

Begonte chora a Jesús Domínguez Guizán, o cura que puxo no mapa o seu belén

O Concello de Begonte (Lugo) declarou dous días de loito pola morte o pasado...