InicioSociedadeLugo proponse combater a "soidade non desexada" de 5.000 maiores

Lugo proponse combater a “soidade non desexada” de 5.000 maiores

O programa 'Acompañámoste' promoverá "a creación de grupos de rúa para a detección de persoas soas", das que se fará un seguimento semanal.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo, en colaboración coa Cruz Vermella, pon en marcha a campaña ‘Acompañámoste‘ enfocada aos máis de 5.000 maiores que padecen unha “soidade non desexada”.

Na cidade amurallada hai máis de 22.000 persoas maiores de 65 anos, pero uns 5.000 atópanse nesta situación, polo que se quere axudar a combater esa soidade. Así, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, explica que se promoverá “a creación de grupos de rúa para a detección de persoas soas” con voluntarios da Cruz Vermella que farán seguimento de “cada persoa” vía telemática, ademais de fortalecerse o servizo de acompañamento con saídas dous días á semana.

A alcaldesa, acompañada da concelleira de Benestar, OlgaLópez, e o presidente de Cruz vermella en Lugo, Luís Abelleira, presentaron esta mañá a campaña que xa arrincou no municipio.  Méndez subliñou que este tipo de “soidade non desexada” xera “moitos medos” e fomenta o “illamento destas persoas maiores”, das que se fará un “seguimento semanal”.

Esta campaña tamén quere chegar aos máis “pequenos”, a todos aqueles con problemas coas novas tecnoloxías e ás persoas en risco de exclusión social.

+ posts

ÚLTIMAS

Homenaxe á Rede Museística Provincial de Lugo no seu XX aniversario por parte de 50 especialistas

A Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL) recibiu unha emotiva homenaxe no Pazo de...

Fernández acusa a Candia de frear a reforma da Avenida da Coruña: “É un erro estratéxico”

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, cualificou hoxe de "gravísimo erro estratéxico"...

Investigan dúas persoas por presunta fraude de 105.000 euros a dous concellos da provincia de Lugo

A Garda Civil de Lugo investigou a dúas persoas, residentes nas provincias de Murcia...